Saltar ao contido

Astureses, Boborás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Astureses
Igrexa parroquial
ConcelloBoborás[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°26′23″N 8°06′43″O / 42.4397, -8.112
Poboación212 hab. (2011)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xulián de Astureses é unha parroquia do concello ourensán de Boborás. Segundo o IGE en 2011 tiña 212 habitantes (105 homes e 107 mulleres).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A parroquia limita coas parroquias de Corneda (O Irixo), Madarnás e Longoseiros (O Carballiño), Moldes e Xuvencos (Boborás). A parroquia está cruzada polo oeste, de norte a sur, polo río Pedriña, un afluente do Arenteiro, e ten ao longo do seu percorrido varios muíños que hoxe en día é difícil visitar, aínda que en Fondo de Vila existe un muíño totalmente funcional. Está formada por varios núcleos de poboación. O núcleo de Batallás está formado polos lugares de Batallás de Abaixo, Batallás do Medio e Batallás de Arriba, este pertencente ao Carballiño.

Economía

[editar | editar a fonte]

Parte da poboación traballa no sector servizos en vilas próximas como O Carballiño ou mesmo Ourense. Existe un alto nivel de emigración. Demograficamente a poboación está envellecida.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Xulián de Astureses está situada en Outeiro e para chegar a ela pódese tanto ir por Fondo de Vila como pola Penela.

Na ermida da Saleta celébrase unha romaría anual. Está rodeada por unha carballeira, e antigamente celebrábase unha competición automobilística de rallys, coñecida como Subida á Saleta.

As tres festas principais son o San Bertolameu (24 de agosto), a Romaría da Saleta (19 de setembro), e o San Xulián, patrón da parroquia, que se celebra o 7 de xaneiro. As dúas primeiras son máis concorridas debido ás datas de verán e a que a festa patronal coincide co remate do Nadal.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Astureses

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Astureses no concello ourensán de Boborás

Astureses | Batallás | Cibreiro | Eixán | Fondo de Vila | O Outeiro | A Penela | Xoane

Parroquias de Boborás

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Boborás

Albarellos (San Miguel) | Astureses (San Xulián) | Brués (San Fiz) | Cameixa (San Martiño) | Cardelle (San Silvestre) | Feás (Santo Antón) | Laxas (San Xoán) | Moldes (San Mamede) | Moreiras (Santa Mariña) | Pazos de Arenteiro (San Salvador) | O Regueiro (San Pedro) | Xendive (San Mamede) | Xurenzás (San Pedro) | Xuvencos (Santa María)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]