Pobo wolof
Aparencia
Pobo wolof | |
---|---|
Home wolof en Gambia | |
Poboación | |
Poboación total: ~6,2 millóns | |
Rexións principais: | |
Senegal | 5 689 710[1] |
Gambia | 287 658[2] |
Mauritania | 229 715 |
Estados Unidos | 19 000 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua wolof, francés, inglés e árabe hassania. |
Relixión | islam (sufismo) |
Grupos relacionados | Lebu e serer |
Os wolofs[3] son un grupo étnico de África Occidental que habita no noroeste do Senegal, en Gambia e na costa suroeste de Mauritania. No Senegal, os wolofs son o meirande grupo étnico (~ 39%),[1] mentres que nos outros dous países son minoría.[4] Falan a lingua wolof, unha lingua da pola atlántica da familia níxer-congo.[5]
A súa historia antiga non está clara e está baseada nas tradicións orais que os vinculan cos almorábides. A mención máis antiga ós wolofs é a feita polo navegante e explorador Alvise Cadamosto, que mencionou xefes islámicos wólofs que eran consultados polos conselleiros e divinos musulmáns.[5][6] Os wolofs pertenceron ó Imperio Wolof da rexión de Senegambia.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Senegal Arquivado 31 de agosto de 2020 en Wayback Machine., CIA Factbook; Wolof 38.7% of 14.32 million
- ↑ adherents.com: Wolof Arquivado 01 de xullo de 2017 en Wayback Machine.
- ↑ Definición de wolof no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2020. Consultado o 27 de xullo de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 David Levinson (1996). "Wolof". Encyclopedia of World Culture, Volume 9: Africa and the Middle East. G.K. Hall. ISBN 978-0-8161-1808-3.
- ↑ 6,0 6,1 Nehemia Levtzion; Randall Pouwels (2000). The History of Islam in Africa. Ohio University Press. pp. 78–79. ISBN 978-0-8214-4461-0.