Pobo toba
Pobo toba | |
---|---|
Mulleres coristas pertencentes á Coral Qom Chelaalapí de Resistencia, Chaco. | |
Poboación | |
Poboación total: c 129 110 | |
Rexións principais: | |
Arxentina | 126 967[1] |
Paraguai | 2 057 |
Bolivia | 86[2] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Toba |
Grupos relacionados | Guaicurua |
O pobo toba, tamén coñecido como pobo qom, é un dos meirandes grupos indíxenas da Arxentina, quen historicamente habitou a rexión coñecida hoxe como as Pampas do Chaco Central. Durante o século XVI, o pobo qom habitou unha parte grande do que é hoxe o norte da Arxentina, nas provincias actuais de Salta, Chaco, Santiago del Estero, Formosa e a provincia de Gran Chaco, ao sueste do departamento de Tarija en Bolivia (o cal o pobo qom habitou dende o século XX).
No presente, moitos tobas viven nos suburbios de San Ramón de la Nueva Orán, Salta, Tartagal, Resistencia, Charata, Formosa, Rosario e Santa Fe e en Buenos Aires, debido a persecución nas súas rexións rurais. Case 130.000 persoas se identifican como toba ou qom. Con máis que 120.000 qom vivindo na Arxentina, é unha das comunidades indíxenas máis grandes no país.
Bandeiras
[editar | editar a fonte]Os qom usan tres bandeiras diferentes para representarse a si mesmos e a súa cultura. Unha bandeira mostra franxas verticais amarelas, verdes e vermellas nun patrón que se repite. Aquí, as cores da bandeira qom representan as estacións da rexión do Chaco onde viven tradicionalmente os Qom: o amarelo representa as flores na primavera, o verde representa todas as árbores no verán e a cor vermella enferruxada representa o froito maduro do outono. A repetición das cores significa o ciclo das estacións e a continuación do modo de vida qom. Unha segunda bandeira qom comparte un simbolismo de cor similar á primeira. Porén, hai dúas grandes diferenzas entre as bandeiras: o seu patrón e o uso de franxas horizontais azuis na segunda bandeira. Aínda que non parece haber grande importancia con respecto ao cambio de patrón entre as dúas bandeiras, as franxas azuis e horizontais da segunda bandeira representan a auga e o seu impacto na vida e na terra.
A última bandeira usada polos qom é a Wiphala, unha bandeira usada por moitas comunidades indíxenas de América do Sur. Os qom, e outros grupos indíxenas da Arxentina, usan a versión Qullasuyu da bandeira onde a franxa diagonal máis longa da bandeira está feita de cadrados brancos. O uso desta bandeira por parte dos qom fíxose especialmente popular durante as protestas por terras máis recentes cando varios grupos indíxenas protestaron conxuntamente nun intento de recuperar as súas terras ancestrais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Censo Nacional de Población, Hogares y Viviendas 2010 Censo del Bicentenario Resultados definitivos Serie B Nº 2. Tomo 1" (PDF). Instituto Nacional de Estadística y Censos de la Republica Argentina. p. 281.
- ↑ "Censo de Población y Vivienda 2012 Bolivia Características de la Población". Instituto Nacional de Estadística, República de Bolivia. p. 29. Arquivado dende o orixinal o 2021-08-01. Consultado o 2020-03-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo toba |
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Los indios Tobas en Rosario, Argentina (en castelán)
- Gordillo, Gaston 2004 Landscapes of Devils: Tensions of Place and Memory in the Argentinian Chaco. Durham: Duke University Press.
- Gordillo, Gaston 2005 Nosotros vamos an estar acá para siempre: historias tobas. Buenos Aires: Biblos.
- Miller, Elmer 1979 Los tobas argentinos: armonía y disonancia en una sociedad. Cidade de México: Siglo XXI.