Pé das Burgas
Pé das Burgas | |
---|---|
en PDF | |
Título orixinal | Pé das Burgas |
Autor/a | Francisco Álvarez de Nóvoa |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Xénero(s) | Relatos |
Editorial | Biblioteca Gallega |
Data de pub. | 1896 |
Formato | Cartoné artesanal; 18,5 x 11 cm |
Páxinas | 194 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pé das Burgas é unha colección de relatos en lingua galega escritos por Francisco Álvarez de Nóvoa publicada en 1896. Conta con vinte e tres relatos máis un texto introdutorio do propio autor.
Contos
[editar | editar a fonte]- "O louco"
- "Na costa"
- "Que senón"
- "Turuleque"
- "A nai"
- "A garda da morte"
- "A posta dos corvos"
- "Unha agonía"
- "A horta embruxada"
- "Os caneiros"
- "A lámpada rosa"
- "Chuvia"
- "Soa"
- "No Miño"
- "Anémica"
- "Abandonado"
- "Unha frase"
- "De Entroido"
- "A codia"
- "Redimido"
- "¡Tanto ten!"
- "O Paraíso"
- "Paisaxe"
- "A goleta"
Narración
[editar | editar a fonte]Os relatos foron escritos entre 1895 e 1896, cando o autor contaba 22 anos. Na introdución Álvarez de Nóvoa defende a creación dunha Academia que unifique os criterios ortográficos da lingua. Utiliza un léxico culto, sen vulgarismos nin dialectalismos, ademais de empregar uns termos técnicos de ámbitos como o mariñeiro. Con todo, tamén usa neoloxismos propios de finais do século XIX, como os galicismos "corsé" ou "bibelot".
O autor usa a terceira persoa, cun narrador omnisciente que coñece mesmo os pensamentos dos personaxes. Emprega numerosas descricións, tanto da paisaxe (arquitectura popular, tempo atmosférico, vexetación, interiores...), como dos personaxes (roupas, físico...).
O espazo principal da obra déixase ver no título, habendo seis relatos urbanos ambientados na vila de Ourense. Con todo, tamén hai outros textos de ambientación mariñeira e rural, situados no val do río Ulla, a ría de Pontevedra (en Marín), O Incio, Sada ou a romaría dos Caneiros de Betanzos.
Edicións
[editar | editar a fonte]Publicouse por vez primeira en 1896 na Coruña por Andrés Martínez Salazar na Biblioteca Gallega. En 1988 Edicións Xerais de Galicia fixo unha edición revisada con notas de Valentín Arias e introdución de Méndez Ferrín. En 2002 saíu na colección Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia. Estas dúas edicións recentes inclúen tamén o relato "A goleta", traducido ao galego por Heraclio Pérez Placer e publicado en 1895 no seu libro Contos da terriña.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández del Riego, F. (1971). Manual de historia da literatura galega. Editorial Galaxia.
- Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pé das Burgas por Francisco A. de Nóvoa. 1896 Arquivado 11 de setembro de 2017 en Wayback Machine. Real Academia Galega