Pál Schmitt
Pál Schmitt, nado o 13 de maio de 1942, é un político e deportista húngaro, actual presidente do seu país. Schmitt naceu en Budapest, capital de Hungría. En 1955 el comezou a súa carreira deportiva en esgrima[1].
Campión Olímpico de Esgrima
[editar | editar a fonte]En 1965 Schmitt foi convidado a participar no equipo nacional de esgrima húngaro. En 1967 obtivo o seu primeiro éxito internacional ao conseguir unha medalla de bronce na Copa do Mundo de Espada. Nos Xogos Olímpicos de 1968 Schmitt obtivo medalla de ouro en esgrima; un éxito que repetiu catro anos despois ao obter medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1972. El obtería outros recoñecementos, como a medalla de prata na Copa Mundial de 1973, antes de retirarse do deporte en 1977. Paralelamente á súa carreira deportiva, en 1960 Schmitt entrou a estudar no Departamento de Comercio Interior da entón Universidade Karl Marx de Ciencias Económicas, actualmente Universidade Corvinus de Budapest, onde se graduou en 1965. Despois de graduarse conseguiu un emprego nunha cadea hostaleira húngara; e en 1976 foi nomeado director do Hotel Astoria, cargo que ocuparía até 1981 cando foi nomeado director do Estadio Ferenc Puskás.
En 1983 deixou de ser director do Estadio Ferenc Puskás e converteuse en secretario xeral do Comité Olímpico Húngaro e tamén foi elixido membro do Comité Olímpico Internacional (COI). En 1989 Schmitt converteuse en presidente do Comité Olímpico Húngaro, cargo que mantén até a actualidade; en 1991 entrou a formar parte do Comité Executivo do COI, e en 1995 foi elixido vicepresidente do COI.
Notas
[editar | editar a fonte]- Presidentes de Hungría
- Esgrimistas olímpicos de Hungría
- Nados en Budapest
- Esgrimistas de espada
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1968
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1972
- Presidentes dun Comité Olímpico nacional
- Medallistas olímpicos de ouro por Hungría
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1968
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1972
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1976