Saltar ao contido

Synurophyceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sinúridos

Unha colonia de Synura sp.
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
(sen clasif.) SAR
Superfilo: Heterocontófitas
Filo: Ochrophyta
Clase: Synurophyceae
Andersen, 1987
Orde: Synurales
Andersen, 1987
Familias

Mallomonadaceae
Synuraceae

Os sinúridos (Synurophyceae) son un reducido grupo de algas unicelulares douradas, móbiles, e case todas de augas doces.[1]

Aparecen solitarias ou formando colonias, teñen varios flaxelos, un ou dous, de diferente larguras e con manchas nos seus pés, que actúan como fotorreceptores.[2] Ao igual que as crisofíceas[3], caracterízanse polas placas silíceas bilaterais que os cobren.[1] Só lles falta unha placa nas posicións onde o flaxelo sae cara a fóra. Só, a contra das crisofíceas, aparecen placas de sílice con forma de fíos nalgúns sinúridos. Aos seus cloroplastos sóelles faltar conexións da membrana ao núcleo. Presentan clorofila a e c1 máis non c2. Teñen unha fase de letargo, coñecida como estomatociste, tanto na fase sexual como asexual.[2][4]

Os rexistros fósiles de estomatocistos son útiles nos estudos paleolimnolóxicos. Informan dos niveis de nutrientes no ambiente, no caso das especies fluviais, e dos niveis da distribución das capas de xeo na terra, no caso das especies mariñas.[2]

Características

[editar | editar a fonte]
Imaxe SEM de alta resolución dunha célula de Synura. Está cuberta con cincuenta placas ovais e delicadas.
Unha célula da alga de augas doces Synura petersenii obtida con microscopía electrónica (co que a cor da imaxe non é a real)

Os sinúridos están cubertos con placas e espiñas de silicato. En Synura estas placas aparecen por riba da superficie dos cloroplastos.[5] As placas son simetricas bilateralmente e fórmase por deposicións que saen dunha vesícula. A membrana desa vesícula que forma a placa, a silicalemma, controla a forma na que as proteínas e glicoproteinas se teñen que ir xuntando para formar as placas. As placas montan unhas sobre das outras estando sempre a parte anterior dunha sobre do lateral dereito da que ten á esquerda.[4] As células teñen dous flaxelos heterocontos. Isto é, teñen dous flaxelos diferentes, e un é máis longo. Sempre hai un deles que ten "fíos", talos laterais, por todo el. Os flaxelos saen paralelos un do outro da parte anterior da célula. As placas silíceas prodúcenas as vesículas de Golgi.[2] Os seus fotoreceptores consisten de abombamentos da célula parellos aos flaxelos, que non están nin asociados coa membrana celular nin cos cloroplastos. Así é que os sinúridos non teñen "ollos" fotoreceptores como os seus grupos máis achegados. A membrana do núcleo celular non está asociada, ou estao pouco, co retículo endoplasmático do cloroplasto.[6]

A fucoxantina é o principal compoñente que lle dá a este grupo a súa cor dourada.[2]

Os sinúridos non son fagocitadores.[4]

Mostran reprodución asexual e sexual, por reprodución isogámica. Os seus quistes denomínanse estomatosporas ou estromatocistes.[4]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Nos sinúridos hai dúas familias coñecidas. As Mallomonas son células libres de entre 50-100 μm de longo. Teñen placas ben ornamentadas e espiñas longas. As Synura son esféricas e forman colonias globulares. As células oriéntanse na colonia tal que os flaxelos saen cara a fóra da colonia. Cada célula adoita ser de 30 μm de radio. Non adoitan ter espiñas e se as teñen son curtas.

Andersen & Preisig, en Lee et al. (2000) clasificounos en:[7]

Antes desta última clasificación, os sinúridos estaban catalogados dentro das algas douradas, na orde das Ochromonadales como familia Mallomonadaceae. Andersen, seguindo suxestións de Cavalier-Smith, clasificounas como un grupo separado en 1987, dándolle a categoría de clase.

  1. 1,0 1,1 Andersen, Robert A. (1987-03). "Synurophyceae Classis Nov., A New Class of Algae". American Journal of Botany 74 (3): 337. ISSN 0002-9122. doi:10.2307/2443810. Consultado o 2017-02-20. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Jordan, Richard W; Iwataki, Mitsunori (2001). "Chrysophyceae and Synurophyceae". eLS. John Wiley & Sons, Ltd. ISBN 978-0-470-01590-2. Consultado o 2017-02-20. 
  3. Historicamente as algas unicelulares, douradas, con placas silíceas cubrindo a célula clasificáronse dentro da clase Chrysophyceae[Cómpre referencia]
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Hoek, C. van den, Mann, D. G. and Jahns, H. M. (1995). Algae : An introduction to phycology, Cambridge University Press, UK.
  5. Barry S.C. Leadbeater (1990). "Ultrastructure and assembly of the scale case in Synura (Synurophyceae Andersen)". British Phycological Journal 25 (2): 117–132. doi:10.1080/00071619000650111. 
  6. Siver, Peter A.; Jo, Bok Yeon; Kim, Jong Im; Shin, Woongghi; Lott, Anne Marie; Wolfe, Alexander P. (2015-06). "Assessing the evolutionary history of the class Synurophyceae (Heterokonta) using molecular, morphometric, and paleobiological approaches". American Journal of Botany 102 (6): 921–941. ISSN 1537-2197. PMID 26101418. doi:10.3732/ajb.1500004. 
  7. Andersen, R.A. & Preisig, H.R., 2000. Class Synurophyceae Andersen, 1987. In: Lee, J.J., Leedale, G.F. & Bradbury, P. An Illustrated Guide to the Protozoa. Society of Protozoologists/Allen Press: Lawrence, Kansas, U.S.A, 2nd ed., vol. 2, p. 759-775, [1]. See Brands, S.J. (1989-2015), [2].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]