Sylvie Vartan
(2009) | |
Nome orixinal | (fr) Silvi Zhorzh Vartan (traduit du bulgare) (hu) Szilvia Zsorzs Vartan |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (bg) Силви Жорж Вартан 15 de agosto de 1944 (80 anos) Iskrets (Bulgaria) |
Residencia | París (1952–) Sofía (–1952) |
Actividade | |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | cantante, actriz, actriz de cinema |
Período de actividade | 1961 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Sony Music Philips Mercury Records Columbia Records RCA Records Ricordi International (en) |
Compañeiro profesional | Johnny Hallyday: Sylvie Vartan and Johnny Hallyday (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Tony Scotti (1984–) Johnny Hallyday (1965–1980) |
Fillos | Darina David Hallyday () Johnny Hallyday |
Irmáns | Eddie Vartan |
Parentes | Michael Vartan, sobriño |
Premios | |
| |
Páxina web | sylvie-vartan.com |
|
Sylvie Georges Vartanian[1] (en búlgaro: Силви Жорж Вартанян), nada en Iskrets (Sofía) o 15 de agosto de 1944, é unha actriz e cantante francesa de orixe búlgara e armenia,[2] coñecida como Sylvie Vartan.
Con 50 millóns de discos vendidos, 2000 portadas de revistas (a primeira artista francesa, por diante de Bardot e Deneuve) e cantante francesa número un en concertos e público, Sylvie Vartan está considerada unha lenda e icona.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vartan naceu en Bulgaria, filla de Georges Vartanian (1912—1970), que nacera en Francia de nai búlgara e pai armenio.[3] Trasladouse a Francia cos seus pais e irmán en decembro de 1952.[2] Debutou como actriz no filme Patate de 1964. A pesar de centrarse máis na súa carreira como cantante, Vartan apareceu en varios filmes máis.
Á idade de vinte e un anos, en 1965, casou co cantante de rock francés Johnny Hallyday.[4] Xuntos tiveron un fillo, David Michael Benjamin Smet, que seguindo a tradición familiar tamén se converteu en cantante. Hallyday e Vartan foron a "parella de moda" da súa xeración en Francia, atraendo constantemente a atención da prensa rosa. Divorciáronse en 1980 e Vartan casou de novo en 1984 co produtor musical estadounidense Tony Scotti.[2]
En 2005 Vartan foi nomeada embaixadora de boa vontade da Organización Mundial da Saúde.[5]
Os seus grandes éxitos como cantante foron coas cancións "Panne d'essence", "Comme un garçon", "J 'ai un probleme, je crois bien que je t'aime", "La plus belle pour aller dancer" ou "Irrésistiblemente". Cómpre ter en conta que Vartan, recoñecida como boa lingüista, interpretou cancións en varias linguas. Por exemplo, a súa versión italiana de "Irrésistiblemente" foi un grande éxito cando a cantou na televisión italiana nos anos setenta.
En Francia continuou a ser a artista feminina de máis éxito da súa xeración cando lanzou un disco ou xira. En 2004 e 2008 actuou dúas semanas no Palais des Congrés de París, vendendo todas as entradas. En 2009 realizou unha xira por Francia, o Xapón, Turquía, Suíza e Bélxica.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Pod igoto (1952)
- Un clair de lune à Maubeuge (1962)
- Cherchez l'idole (1963)
- D'où viens-tu, Johnny? (1964)
- Patate (1964)
- Malpertuis (1971)
- O anxo negro (1994)
- Mausolée pour une garce (2001) (TV)
- The Missionaries (2014)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sylvie Vartan: Bio". Universal Music Group. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2015. Consultado o 5 de xullo de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Biography". Sylvie Vartan's official site. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2008. Consultado o 22 de novembro de 2007.
- ↑ Kadrinova, Kadrinka. "Сърдечни връзки". Tema News. Consultado o 5 de xullo de 2015.
- ↑ "Johnny Hallyday marries Sylvie Vartan 1965". British Pathe News. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 28 de decembro de 2020.
- ↑ L'activité de l'OMS dans la Région européenne en 2004-2005 : Rapport biennal du directeur régional. (PDF). L’Organisation mondiale de la santé (OMS. 2006. p. 53. ISBN 92-890-2385-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sylvie Vartan |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sylvie Vartan dans la lumière, autobiografía, Xo – 2007 ISBN 978-2-84563-337-7
- Entre l'ombre et la lumière, autobiografía, Xo – 2004, ISBN 2-84563-195-2
- Sylvie Vartan, Camilio Daccache e Isabelle Salmon, Vaderetro – 1996, ISBN 2-909828-41-7
- Sylvie Vartan, une fille de l'Est, Eric Cazalot e Christian Cazalot, Express Prelude & Fugue – 2003, ISBN 2-84343-163-8
- Sylvie Vartan, Revue de mode, Paris-Musées – 2004, ISBN 2-87900-847-6
- Dictionnaire des chansons de Sylvie Vartan, Benoît Cachin, Tournon – 2005, ISBN 2-914237-34-0