Sputnik 2
Sputnik 2 | |
---|---|
Tipo | Tecnolóxico / científico |
Organización | OKB 1 |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 3 de novembro de 1957, 2:30 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Sputnik 8K71PS[3][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[3][6] |
Duración da misión | 162 días[6] |
Obxectivo da misión | Segundo satélite artificial, primeiro ser vivo en órbita.[3][6] |
Decaemento | 14 de abril de 1958[1] |
NSSDC ID | 1957-002A |
Masa | 508,3 kg[3] |
Dimensións | Cono de 4 m de altura e diámetro de 2 m na base[5] |
O Sputnik 2 foi a segunda nave espacial posta en órbita ó redor da Terra, ás 19:12h do 3 de novembro de 1957, sendo a primeira nave en órbita en transportar un ser vivo. Era unha cápsula cónica de 4 metros de alto cunha base de 2 metros de diámetro. Contiña varios compartimentos destinados a aloxar transmisores de radio, un sistema de telemetría, unha unidade programábel, un sistema de control de rexeneración e temperatura en cabina e instrumental científico. Nunha cabina selada e separada do resto viaxaba a cadela Laika.
Os datos biolóxicos e de enxeñería transmitíanse mediante o sistema telemétrico Tral_D, que podía enviar datos á Terra durante 15 minutos por cada órbita. A bordo había dous espectrómetros destinados a medir a radiación solar (emisións ultravioleta, raios X) e raios cósmicos). O Sputnik 2 non levaba cámara de televisión.
Perfil da misión
[editar | editar a fonte]O Sputnik 2, mediante un R-7 ICMB practicamente similar ó empregado para o Sputnik 1, foi posto nunha órbita a 212 x 1660 km cun período de 103,7 minutos. Tras acadar a súa órbita, o nariz do cono foi expulsado, pero o núcleo do bloque A non se separou como estaba previsto. Isto inhibiu o funcionamento do sistema de control de temperatura. Ademais, algunhas das placas termoillantes se desprenderon, co que a temperatura interior alcanzou os 40 °C. Crese que Laika só sobreviviu unhas poucas horas, en troques dos dez días previstos inicialmente, a causa da calor. A órbita do Sputnik 2 decaeu e reingresou á atmosfera o 14 de abril de 1958, tras 162 días en órbita.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sputnik 2 |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Sputnik
- Sputnik 1
- Sputnik 3
- Sputnik 4
- Sputnik 5 (Korabl-Sputnik 2)
- Sputnik 8K71PS
- Sputnik 8A91
- Sputnik 11 (Kosmos 1)
- Laika
- ↑ 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "SPUTNIK 2" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ "Letter dated 24 March 1962 from the Acting Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Acting Secretary-General" (PDF) (62-0623). 24 de marzo de 1962: 4. Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 NASA (21 de marzo de 2017). "Sputnik 2" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Sputnik 2 / PS 2" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Sputnik 2 (PS-2 #1)" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "Sputnik 2" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2017.