Saltar ao contido

Skagerrak

Modelo:Xeografía físicaSkagerrak
(da) Skagerrak
(no) Skagerrak
(sv) Skagerrak Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoestreito Editar o valor en Wikidata
EpónimoSkagen Editar o valor en Wikidata
Parte deMar do Norte Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaNoruega, Dinamarca e Suecia Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 57°50′50″N 9°04′23″L / 57.847222222222, 9.0730555555556
Comparte fronteira conMar do Norte
Kattegat Editar o valor en Wikidata
Composto por
Afluente
Rio Glomma (pt) Traducir ,Akerselva (en) Traducir ,Arendalsvassdraget (en) Traducir ,Otra (en) Traducir ,Nidelva (en) Traducir ,Uggerby Å (en) Traducir ,Esrum Å (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaSkagerrak basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Profundidade700 m Editar o valor en Wikidata
Tamaño85 (ancho) × 240 (lonxitude) km

O Skagerrak (Skagerack, Skagerak) é un estreito entre o sur da Noruega, o Bohuslän sueco e o noroeste da Xutlandia dinamarquesa. Une o Kattegat e o mar do Norte dunha banda e o mar Báltico, pasando por Öresund, da outra.

Cunha superficie de aproximadamente 32 000 km², forma un rectángulo de 240 km de lonxitude por 130–145 km de largura, delimitado

  • ao oeste pola liña Lindesnes (Noruega) — Hanstholn (Dinamarca) e
  • ao leste pola liña Pater-Nosterskären (Suecia) — Grenen (cabo setentrional de Dinamarca).

A súa profundidade máxima é de cerca de 700 metros preto das costas norueguesas, sendo que a súa profundidade media é de 210 metros (23 metros no Kattegat).

O seu nome deriva do nome da cidade de Skagen, a máis setentrional de Dinamarca.

O estreito ten un tránsito intenso, pois constitúe a única pasaxe (co canal de Kiel) ligando o mar do Norte ao mar Báltico.

En ambas as guerras mundiais, o Skagerrak foi estratexicamente moi importante para a Alemaña. Unha das maiores batallas marítimas da primeira guerra mundial, a batalla de Xutlandia, tamén coñecida como a batalla do Skagerrak, aconteceu aquí do 31 de maio ao 1 de xuño de 1916. A importancia do control desa pasaxe, o único acceso ao Báltico, foron motivos para as invasións de Dinamarca e de Noruega pola Alemaña durante a segunda guerra mundial.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]