Skylab 4
Skylab 4 | |
---|---|
Saturno IB da misión Skylab 4 engalando | |
Tipo | Tripulada |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 16 de novembro de 1973, 14:01 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Saturno IB[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 39B[2][6] |
Obxectivo da misión | Viaxe tripulada á estación espacial Skylab.[2][6] |
Regreso | 8 de febreiro de 1974[1] |
NSSDC ID | 1973-090A |
Masa | 6033 kg[2][5][6] |
Skylab 4 foi a terceira e última misión tripulada cara a estación espacial Skylab. Foi lanzada o 16 de novembro de 1973 mediante un foguete Saturno IB desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][3][5]
Características
[editar | editar a fonte]Skylab 4 foi a última misión tripulada cara a estación espacial Skylab. Durante a misión fixéronse observacións astronómicas do cometa Kohoutek e leváronse a cabo diversos experimentos científicos e médicos, así como varios paseos espaciais que totalizaron 22 horas e 13 minutos no exterior da estación. Debido ó exceso de traballo a tripulación, formada por Gerald Paul Carr, Edward George Gibson e William Reid Pogue, rebelouse contra o control da misión na que pode considerarse a primeira folga espacial. Ningún dos tres astronautas volveu a voar en ningunha outra misión espacial.[2][3][4][5]
A misión Skylab 4 rematou o 8 de febreiro de 1974 cando o módulo de mando cos tres astronautas nos seu interior amarou no océano Pacífico.[1]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Skylab 4 |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SKYLAB 4" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (21 de marzo de 2017). "Skylab CSM 3" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 16 May 1974 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (74-13517). 23 de maio de 1974: 2. Consultado o 1 de agosto de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 Claude Lafleur (2017). "Skylab 4" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 1 de agosto de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Apollo 201, 202, 4 - 17 / Skylab 2, 3, 4 / ASTP (CSM)" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2017). "Skylab 4" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2017.