Serra do Courel
Tipo | cordilleira montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Provincia de Lugo, España | |||
| ||||
A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo que se estende polos concellos de Folgoso do Courel e Quiroga, na Comarca de Quiroga.
Topónimo
[editar | editar a fonte]A etimoloxía é descoñecida aínda que semella ter unha orixe galaica. Algúns relaciónano co latín: quadru, quadra a partir do diminutivo quadrellu, quadrella que dá o portugués courelo: ‘nesga de terra de cultivo’. Mais está documentado o topónimo Courel dende o ano 1000. Por iso considérase que podería ser unha voz prerromana ligada á orografía.[1] O topónimo tamén se localiza nos concellos de Riotorto e O Páramo.
Localización e características
[editar | editar a fonte]Ten unha extensión de 21.020 ha con fortes variacións de altitude, que van dende os 400–500 m no val do río Lor a máis de 1600 m nos puntos máis altos como monte Montouto, monte Formigueiros (1643 m) ou o pico de Pía Paxaro (1610 m). O río Lor e os seus afluentes forman ricos vales con diversos ecosistemas que fan que esta serra sexa a reserva botánica máis importante de Galiza. A poboación da zona é escasa e está moi esparexida, de xeito que os núcleos de poboación son moi numerosos e pequenos.Tamén ten importancia a nivel faunístico sendo unha das áreas do país onde se pode atopar o oso pardo[2].
A Serra do Courel xunto coa veciña Serra dos Ancares forma parte da Rede Natura 2000 (Ancares-Courel) e atópase protexida por diversas figuras como LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) e ZEC (Zona de Especial Conservación). Amais, no seu interior atópase o Monumento Natural do Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós.
Nunha sima desta serra atopáronse os restos humanos máis antigos que se conservan de Galiza (entre 8.000 e 10.000 anos) canda os únicos restos de uro (Bos primigenius) achados en todo o país[3].
Estas terras foron un gran referente nas obras de Uxío Novoneyra, poeta e escritor natural de Parada de Moreda.
"Terra de Caurel, aspra e forte, de inxente beleza... Terra brava de lobos e águias; terra outa de fragas e devesas." Á lus do candil, Ánxel Fole.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes da Serra do Courel.
-
Vista desde o monte Formigueiros
-
Casa de pedra tradicional cerca de Moreda
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Artigo Arquivado 28 de agosto de 2018 en Wayback Machine. sobre O Courel no Portal das Palabras da RAG.
- ↑ SL, POMBAPRESS. "El oso pardo vuelve a repoblar los montes callegos, con casi una docena de ejmeplales en Os Ancares y O Courel". GaliciaPress (en castelán). Consultado o 2024-05-15.
- ↑ Descobren no Courel os restos humanos máis antigos de Galicia, La Voz de Galicia, 12 de marzo de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vázquez Saavedra, Merces. Guía do Courel. 2003. ISBN 978-84-8288-634-3.
- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1