Saltar ao contido

Sergio Aguza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aguza
Información persoal
Nome Sergio Aguza Santiago
Nacemento 2 de setembro de 1992
Lugar de nacemento Sant Boi de Llobregat
Altura 1,80 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Lugo
Número 8
Carreira xuvenil
1997–2002 Gavà
2002–2008 EF Gavà
Cornellà
2008–2013 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2011–2013 Real Madrid C 57 (8)
2013–2015 Real Madrid Castilla 46 (7)
2015–2016 Milton Keynes Dons 3 (0)
2016 Ponferradina 13 (3)
2016–2017 Alcorcón 15 (0)
2017–2018 Córdoba 48 (3)
2018–2021 Almería 40 (4)
2020–2021 FC Cartagena 13 (0)
2021 Ponferradina 16 (1)
2021–2022 Sabadell 30 (2)
2021–2022 Murcia 22 (1)
2021–2022 Lugo 7 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 17 de outubro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Sergio Aguza Santiago, nado en Sant Boi de Llobregat o 2 de setembro de 1992, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Lugo, da Primeira División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Real Madrid

[editar | editar a fonte]

Nacido en Sant Boi de Llobregat, formouse como futbolista nas canteiras do Gavà, o EF Gavà e o Cornellà, antes de ingresar aos 16 anos no equipo xuvenil do Real Madrid. Na tempada 2011/12 debutou co Real Madrid C na Tercera División. No verán de 2013 subiu ao Castilla, da Segunda División,[1] categoría na que debutou nun partido ante o Mirandés.[2] Marcou o seu primeiro gol co filial o 15 de febreiro do ano seguinte, facendo o segundo tanto do seu equipo nun triunfo na casa por 3-1 ante o Barcelona B.[3]

Milton Keynes Dons

[editar | editar a fonte]

En xullo de 2015 asinou polo Milton Keynes Dons da Football League Championship, cun contrato de dous anos.[4] Debutou o 11 de agosto de 2015, na vitoria por 2-1 sobre o Leyton Orient, na EFL Cup.[5] Con todo, apenas dispuxo de minutos no equipo de Buckinghamshire e en xaneiro de 2016 o club anunciou a rescisión do seu contrato.[6]

Ponferradina

[editar | editar a fonte]

A continuación regresou a España, onde fichou pola Ponferradina. Marcou o seu primeiro gol co club berciano o 20 de marzo, na vitoria por 2-1 ante o Huesca, e anotou tamén os goles da vitoria contra o Lugo e o Albacete. Con todo, foi insuficiente para salvar o equipo do descenso.

Alcorcón e Córdoba

[editar | editar a fonte]

Tralo descenso da Ponferrdina fichou polo Alcorcón, continuando así na Segunda División.[7] Non chegou a rematar a tempada no club madrileño,[8] pois no mercado invernal pasou ao Córdoba, no que militou durante a seguinte campaña e media.[9]

En xullo de 2018 asinou un contrato de dous anos coa UD Almería, tamén na categoría de prata.[10] Disputou 43 partidos co club andaluz durante as seguintes dúas campañas, marcando cinco goles, e en marzo de 2020 o club renovou o seu contrato ata 2023.[11] Na tempada 2020/21 xogou cedido en dous equipos: primeiro no FC Cartagena e logo na Ponferradina, sendo esta a súa segunda etapa no club.[12]

Despois de seis anos en Segunda, no verán de 2021 baixou unha categoría para xogar co Sabadell en Primeira División RFEF, pasando logo polo Murcia e o Lugo, da mesma división.

  1. "El Castilla, como un equipo de fútbol sala". Marca (en castelán). 11 de xullo de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2023. 
  2. "El Mirandés se pone líder a costa de un filial que sigue sin puntuar". Marca (en castelán). 8 de setembro de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2023. 
  3. "La intensidad del Castilla desmonta el orden del Barça B". Marca (en castelán). 15 de febreiro de 2014. Consultado o 17 de outubro de 2023. 
  4. "Sergio Aguza: MK Dons sign Real Madrid Castilla captain". BBC (en inglés). 31 de xullo de 2015. Consultado o 17 de outubro de 2023. 
  5. "MK Dons scored two late goals to complete a remarkable late comeback and defeat League Two Leyton Orient in the first round of the League Cup.". BBC (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2023. 
  6. "Aguza departs" (en inglés). 16 de xaneiro de 2016. Consultado o 17 de outubro de 2023. 
  7. "Sergio Aguza, fichado" (en castelán). 7 de xullo de 2016. Consultado o 17 de outubro de 2023. 
  8. "Sergio Aguza rescinde su contrato con la A.D. Alcorcón" (en castelán). 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 17 de outubro de 2023. 
  9. "Sergio Aguza Santiago, es nuevo jugador blanquiverde" (en castelán). 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 17 de outubro de 2023. 
  10. "Sergio Aguza, un centrocampista de calidad y ofensivo para el Almería" (en castelán). 14 de xullo de 2018. Consultado o 17 de outubro de 2023. 
  11. "Sergio Aguza is to continue wearing the red and white shirt until June 2023" (en castelán). 12 de marzo de 2020. Consultado o 17 de outubro de 2023. 
  12. "Sergio Aguza jugará lo que resta de Liga en la Ponferradina" (en castelán). 22 de xaneiro de 2021. Consultado o 17 de outubro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]