Saltar ao contido

Sarah Woodhead

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSarah Woodhead
Biografía
Nacemento1851 Editar o valor en Wikidata
Morte1912 Editar o valor en Wikidata (60/61 anos)
Harrogate, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónGirton College
Ackworth School (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de escola Editar o valor en Wikidata
EmpregadorBolton School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sarah Woodhead, nada en Manchester en 1851 e finada en Harrogate en xullo de 1912, foi a primeira muller en presentarse e pasar o exame matemático do Tripos, en 1873.[1]

Educación

[editar | editar a fonte]

A familia de Woodhead pertencía dende había tempo á Society of Friends, polo que ela puido asistir á Ackworth School, unha escola cuáquera que aceptaba tanto fillas como fillos dos seus membros.[2]

Posteriormente Woodhead ingresou no Girton College, o primeiro centro universitario para mulleres que se fundou nas universidades de Oxford ou Cambridge. Como a facultade física aínda non estaba construída, asistiu a cursos creados pola fundadora do Girton, Emily Davies, en Benslow House, Hitchin. En 1873, Woodhead presentouse ao mesmo exame de Matemática Tripos que os estudantes masculinos. Tendo obtido un primeiro posto na Primeira Parte, foi clasificada como equivalente ao Senior Optime no Tripos de matemáticas dese ano. Ese ano, foi a primeira das tres mulleres en completar un Tripos no Girton College[3] – e a única en facelo en matemáticas. As tres "honorary" (máis que graduadas reais) foron coñecidas como "Woodhead, Cook e Lumsden, as Pioneiras do Girton".[4]

Morte e vida máis tardía

[editar | editar a fonte]

Woodhead casou co arquitecto Christopher Corbett, despois de ter dirixido a súa propia escola en Bolton. Posteriormente converteuse na segunda directora da Bolton School, coñecida entón como Bolton High School for Girls.[5] Cando o seu marido trasladou á familia a Manchester para facerse cargo da súa empresa familiar, ela atopou emprego como inspectora de escolas..

Cando enviuvou, con cincuenta anos, trasladouse a Harrogate e morreu alí en xullo de 1908, aos cincuenta e sete anos.[6]

Ver tamén

[editar | editar a fonte]
  • Philippa Fawcett, a primeira muller en obter a máxima puntuación no Tripos Matemático .
  1. Beery, Janet L.; Greenwald, Sarah J.; Jensen-Vallin, Jacqueline A.; Mast, Maura B. (2017-12-02). Women in Mathematics: Celebrating the Centennial of the Mathematical Association of America (en inglés). Springer. ISBN 978-3-319-66694-5. 
  2. Stephen, Barbara (1963). Girton College, 1869-1932 (en inglés). CUP Archive. 
  3. "A Thoroughly Modern Victorian Headmistress". www.boltonschool.org. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2021. Consultado o 2022-05-31. 
  4. Megson, Barbara (1961). Girton College, 1869–1959: an informal history,. W. Heffer for the Girton Historical and Political Society, p. 19. 
  5. Stephen, Barbara (1963). Girton College, 1869-1932 (en inglés). CUP Archive. 
  6. Campion, Val (2008). Pioneering Women: The Origins of Girton College in Hitchin. Hitchin Historical Society Publication, p. 49.