Saltar ao contido

Santiago Ferreiro Cortés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSantiago Ferreiro Cortés

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Padrón, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de setembro de 1937 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Padrón
novembro de 1922 – 1924
← Francisco García NovoJuan Pazos Varela → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Santiago Ferreiro Cortés, nado en Padrón e finado en Vigo o 22 de setembro de 1937, foi un político galego, alcalde de Padrón de 1922 a 1924.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi nomeado alcalde de Padrón en novembro de 1922 tras o falecemento de Francisco García Novo[1], durante o goberno do liberal Manuel García Prieto, e sendo o home forte da zona o tamén liberal Manuel Viturro Posse. Chegada a ditadura de Primo de Rivera foi relevado por Juan Pazos Varela.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Amparo López Rey (1873-1927), natural de Ferrol e tivo catro fillos, Teresa, Santiago, Federico e Amparo. A súa filla Teresa Ferreiro López (1900-1975) casou en Padrón o 19 de marzo de 1923 co xuíz de primeira instancia de Arzúa Cándido Conde Pumpido, que na década de 1950 chegou a ser Presidente da Audiencia Territorial da Coruña.

Era sobriño doutro alcalde de Padrón, Ángel Baltar Varela, casado con Ramona Cortés Giménez, irmá da nai de Santiago Ferreiro Cortés. Tamén foi curmán de Ángel Baltar Cortés, médico que fundou o Sanatorio Baltar de Santiago de Compostela.


Predecesor:
Francisco García Novo
 
Alcalde de Padrón
 
1922 - 1924
Sucesor:
Juan Pazos Varela
  1. Ideal Gallego, 15-11-1922, p. 2, 6.