Saltar ao contido

STS-117

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-117
Lanzamento da misión STS-117
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento8 de xuño de 2007, 23:38GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión13,84 días[6]
Obxectivo da misiónMontaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso22 de xuño de 2007[6]
NSSDC ID2007-024A

STS-117 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 8 de xuño de 2007 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-117, con sete astronautas a bordo, foi a última misión de importancia na construción da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Rick Sturckow, o piloto Lee Archambault e os especialistas de misión Patrick Forrester, John Olivas, Clayton Anderson, Jim Reilly e Steven Swanson.[3][5][6][7]

O transbordador levou varias toneladas de subministracións e a tripulación instalou as vigas S3 e S4 cos seus correspondentes paneis solares. Tamén se montaron catro plataformas exteriores para experimentos. O voo fora programado inicialmente para outubro de 2003, pero debido á traxedia da misión STS-107 viuse atrasado.[3][5][6][7]

O transbordador volveu a terra na base Edwards da Forza Aérea (California) debido a mal tempo en Cabo Cañaveral o 22 de xuño de 2007.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 117" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 13 November 2007 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (07-89382(E)). 21 de decembro de 2007: 10. Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 117" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-117 / ISS 13A" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-117" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (2 de abril de 2008). "STS-117" (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]