Saltar ao contido

SMPlayer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Captura de pantalla do SMPlayer, en galego.

SMPlayer é unha interface gráfica moi completa do MPlayer. SMPlayer é software libre, e está dispoñible para múltiples plataformas, habendo binarios para Linux e Windows.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

Tradución

[editar | editar a fonte]

O SMPlayer está actualmente traducido a un bo número de linguas, entre elas o galego, o castelán, o francés, o italiano, o chinés etc. A tradución ao galego correu a cargo de Miguel Branco, do Proxecto Trasno.

Características

[editar | editar a fonte]

As súas características van das máis básicas, como reproducir vídeos, DVDs e VCDs; a outras máis avanzadas coma o soporte para filtros do MPlayer e máis.

Entre outras, permite o cambio entre canles de son, usa-la roda do rato para moverse polos vídeos, axustar diversas opcións dos vídeos (brillo, contraste, saturación...), reproducir a distintas velocidades, aplicar diversos filtros, axustar en tempo real as canles de son e subtítulos (se non van acordes co vídeo), lista de reprodución -con opcións coma repetir e reproducir ao chou-, diálogo de preferencias para configurar o SMPlayer dun xeito doado.

Unha das características máis salientables é a súa capacidade para recordar a configuración de todos os ficheiros. É dicir, a reprodución dos ficheiros retómase no punto no que se deixara ao saír do programa, coa mesma canle de son e os mesmos subtítulos, o mesmo volume etc.

Subtítulos

[editar | editar a fonte]

Os subtítulos pódense personalizar. Pódese elixir o tipo de letra, o tamaño e mesmo a cor. Destaca a súa capacidade, pouco frecuente nos reprodutores, de axustar os subtítulos en tempo real -para que vaian acordes co vídeo-. Ademais incorpora un sistema automático de busca de subtítulos a través do sitio web OpenSubtitles.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]