Nebula
Nebula | |
---|---|
Orixe | Estados Unidos, |
Período | 1997 - 2010 |
Xénero(s) | stoner rock, rock psicodélico |
Selo(s) discográfico(s) | Liquor and Poker Music, MeteorCity, Sub Pop, Tee Pee Records, Man's Ruin Records |
Membros | Eddie Glass Tom Davies Jimmy Sweet |
Antigos membros | Rob Oswald Simon Moon Ruben Romano |
Artistas relacionados | Fu Manchu, Mudhoney, Chris Goss, Kyuss, Olivelawn, Karma to Burn, Mondo Generator |
Na rede | |
nebulamusic.com | |
Nebula foi unha banda estadounidense de stoner rock. Formárona en 1997 o guitarrista Eddie Glass e o batería Ruben Romano despois de abandonar Fu Manchu. Rob Oswald substituiría a Ruben Romano no ano 2007.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nebula formouse no ano 1997 estando composta inicialmente polo guitarrista e vocalista Eddie Glass e o batería Ruben Romano. Uníuselles ao baixo Mark Abshire ata que abandonou o grupo durante a gravación de Atomic Ritual (2003), que foi producido polo coñecido roqueiro de desert rock Chris Goss. Simon Moon gravaría os baixos ata que atoparon a Tom Davies como baixista definitivo. Atomic Ritual foi lanzado con eloxios da crítica.
O seu disco Apollo publicouse nos Estados Unidos o 21 de febreiro do 2006. A banda comezou unha xira de promoción, rematando cunha parte europea en maio dese ano. Durante a xira europea estivo acompañado polo grupo de Texas The Sword.
A canción "Giant" apareceu na banda sonora dos videoxogos Tony Hawk's Pro Skater 4 e NHL 2K7, e "So It Goes" está en Tony Hawk's Underground 2.
No mes de marzo do ano 2010, despois de que Rob Oswald deixase a banda no medio dunha xira e fose substituído por Adam Kriney e Jimmy Sweet, Nebula anunciou a súa disolución cancelando os concertos restantes.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
To the Center | 1999 | Sub Pop |
Charged | 2001 | |
Atomic Ritual | 2003 | Liquor & Poker |
Apollo | 2006 | |
Heavy Psych | 2009 | Tee Pee |
Holy Shit | 2019 | Heavy Psych Sounds Records |
EPs
[editar | editar a fonte]- Let It Burn - 1998 (Relapse Records)
- Sun Creature - 1999 (Man's Ruin)
- Nebula/Lowrider - 1999 (Meteor City) EP compartido con Lowrider