Nate Thurmond
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 25 de xullo de 1941 Akron, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 16 de xullo de 2016 (74 anos) San Francisco, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | leucemia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | National Inventors Hall of Fame STEM High School (en) Universidade de Bowling Green State (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 211 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 107 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, gastrónomo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1963 - 1977 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Golden State Warriors | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nathaniel "Nate" Thurmond, nado o 25 de xullo de 1941 en Akron (Ohio), e finado o 16 de xullo de 2016 en San Francisco, foi un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu toda a súa carreira na National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado no terceiro posto primeira rolda do Draft da NBA polos San Francisco Warriors en 1963, equipo no que pasou a maior parte da súa carreira. Posteriormente tamén xogaría nos Chicago Bulls e nos Cleveland Cavaliers. Era alcumado polos fans como "Nate the Great" (do inglés: Nate o Grande).
Thurmond foi o primeiro xogador da historia da NBA en conseguir un "cuádruplo-dobre", o facer nun só partido 22 puntos, 14 rebotes, 13 asistencias e 12 tapóns. Tamén é un dos únicos cinco xogadores que teñen unha media de máis de 15 rebotes por partido no total da súa carreira, e un dos únicos catro en superar os 40 rebotes nun só encontro. Tamén cómpre destacar as súas sete nomeamentos para xogar o All-Star. Unha vez retirado, grazas á súa traxectoria, recibiu diversos recoñecementos. En 1985 foi incluído no Basketball Hall of Fame como xogador, e once anos despois, en 1996, foi seleccionado como un dos "Cincuenta mellores xogadores da historia da NBA. Tamén dous dos equipos nos que xogou, os Golden State Warriors e os Cleveland Cavaliers, retiraron a súa camisola co dorsal 42 en homenaxe.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Rexeitou unha opción de ingresar na Universidade de Ohio State, e elixiu unha moi pouco coñecida, a Universidade Bowling Green State. Durante o tres anos que permaneceu nela fixo unhas medias de 17,8 puntos e 17 rebotes por partido,[1] o que lle permitiu ser elixido como un dos mellores universitarios do país en 1963.
NBA
[editar | editar a fonte]Foi elixido no draft de 1963 polos San Francisco Warriors na terceira elección da primeira rolda.[1] Non lle foi fácil adaptarse á liga profesional, xa que as comparacións cos grandes pivotes dominantes da época como Wilt Chamberlain ou Bill Russell eran constantes. Co primeiro coincidiu en San Francisco, tendo que cambiar a súa posición pola de ala, e tendo que esperar a que traspasasen á súa grande estrela a Philadelphia en 1965 para poder actuar na súa posición natural. Iso incrementou o seu rendemento, converténdose nun dos pivotes dominantes da época.
Conseguiu un espectacular récord da NBA ao atrapar 18 rebotes nun só cuarto contra Baltimore, que aínda se mantén, e dificilmente será superado. Foi tamén o primeiro xogador da historia en conseguir un "cuádruplo-dobre" con 22 puntos, 14 rebotes, 13 asistencias e 12 tapóns nun único partido.[2] En 1974 é traspasado xunto con Rowland Garrett aos Chicago Bulls a cambio de Eric Fernsten e Steve Patterson, xa no declive da súa carreira, acabando a mesma nos Cleveland Cavaliers aos 35 anos, facendo unha media nas súas 14 tempadas como profesional 15 puntos e 15 rebotes por partido.
Logros
[editar | editar a fonte]- Sete veces All-Star (1965–1968, 1970, 1973–1974).
- Dúas veces no Primeiro equipo defensivo (1969, 1971).
- Tres veces no Segundo equipo defensivo (1972–1974).
- Primeiro equipo rookie (1964).
- Rookie do Ano da NBA (1955).
- Primeiro xogador en conseguir un "cuádruplo-dobre" na historia da NBA (1974)
- Un dos únicos cinco xogadores cunha media maior de 15 rebotes por partido no total da súa carreira.
- Un dos únicos cinco xogadores cunha media maior de 20 rebotes por partido nunha temporada (1967–1968).
- Un dos únicos catro xogadores en conseguir máis de 40 rebotes nun só partido (42 en 1965).
- Nomeado un dos 50 mellores xogadores da historia da NBA (1996).
- Membro do Basketball Hall of Fame como xogador (1985).
- Número 42 retirado por Golden State Warriors.
- Número 42 retirado por Cleveland Cavaliers.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 The Draft Review (ed.). "Estatísticas de Thurmond" (en inglés). Consultado o 28 de marzo 2015.
- ↑ NBA (ed.). "Nate Thurmond Bio" (en inglés). Consultado o 28 de marzo 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Eleccións no Draft da NBA dos San Francisco Warriors
- Xogadores dos San Francisco Warriors
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Xogadores dos Chicago Bulls
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Ala-pivotes de baloncesto
- Membros do Salón da Fama da NBA
- Nados en 1941
- Nados en Akron, Ohio
- Finados en 2016
- Finados por leucemia