Mikoyan-Gurevich MiG-9
Mikoyan-Gurevich MiG-9 | |
---|---|
Tipo | caza |
Fabricante | Mikoyan-Gurevich |
Primeiro voo | 24 de abril de 1946 |
Principais usuarios | Forza Aérea Soviética Forza Aérea do Exército Popular de Liberación |
O Mikoyan-Gurevich MiG-9 (ruso: Микоян и Гуревич МиГ-9, designación USAF: Type 1, designación OTAN: Fargo)[1] foi o primeiro caza turborreactor desenvolvido por Mikoyan-Gurevich nos anos inmediatamente posteriores á segunda guerra mundial. Usaba motores alemáns BMW 003 desenvolvidos con enxeñería inversa. Categorizado como un caza a reacción de primeira xeración, tivo un éxito moderado, pero sufriu problemas persistentes con apagóns de motor cando disparaba os seus canóns a grandes altitudes debido a inxestión de gases das armas. Probáronse varias configuracións de armamento, pero ningunha solucionou o problema. Avaliáronse tamén outros motores, pero non chegou a probarse ningún en voo debido a que o prototipo do Mikoyan-Gurevich MiG-15 prometía un rendemento superior.
Fabricáronse un total de 610 avións, incluídos prototipos, e o tipo entrou en servizo en 1948 coa Forza Aérea Soviética. Polo menos 372 avións transferíronse ás Forza Aérea do Exército Popular de Liberación en 1950 para defender as cidades chinesas contra os ataques aéreos de Taiwán e para adestrar a pilotos chineses en reactores. O MiG-9 foi rapidamente substituído polo MiG-15.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Designations of Soviet and Russian Military Aircraft and Missiles". designation-systems.net. Consultado o 2022-04-25.