Miguel de Kíiv
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século X |
Morte | 15 de xuño de 992 Kíiv, Ucraína |
Lugar de sepultura | Monastério de Kiev-Petchersk (pt) |
Arcebispo metropolitano | |
Metropolita de Quieve e Toda a Rússia (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 15 de xuño |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron New Encyclopedic Dictionary (en) |
Miguel I de Kíiv (en ucraíno: Михаїл I Київський), finado o 15 de xuño de 992, foi un eclesiástico do Patriarcado de Constantinopla, primeiro metropolita de Kíiv e toda a Rus dende 988 até o seu pasamento.
As diferentes crónicas históricas din que era asirio, grego ou búlgaro. Tradicionalmente se considera que foi o fundador do mosteiro de San Miguel das Cúpulas Douradas de Kíiv e do mosteiro de Mezhyhiria preto de Vyshhorod.
Os seus restos estaban orixinalmente na Igrexa dos Décimos, de alí foron movidos ás covas de Santo Antón do mosteiro das Covas de Kíiv, estando hoxe localizados na catedral da Dormición do mosteiro.
Foi glorificado pola Igrexa Ortodoxa Rusa en 1730. A súa festa celébrase o 15 de xuño.