Metonimia
A metonimia é un tropo que consiste en nomear o todo por unha parte, unha parte por outra ou unha parte polo todo[1]. Desde unha perspectiva diacrónica, a metonimia tivo importancia á hora de provocar cambios semánticos, de significado, nas palabras. O proceso consiste en que o significado dunha palabra pasa a ser substituído por outro contiguo a el:
Exemplos
[editar | editar a fonte]- latín BUCCA 'mandíbula, meixela' → boca.
- latín MAXILLA 'queixo' → meixela.
- latín *VERANUS 'tempo primaveral' → med. 'final da primavera' → 'estío'.
- latín CENA 'comida principal que se tomaba sobre as 15h.' → cea.
- latín PORTU 'entrada ó porto' → porto.
- Cando xurdiron as marcas comerciais, normalmente con produtos exclusivos (debido a razóns de patente), na lingua comezaron a modificarse os significados dos nomes propios ata facelos xenéricos coma nos nomes comúns:
- formica é calquera placa de madeira aglomerada forrada con melamina;
- uralita é calquera cemento asbestado[2];
- cola cao é calquera cacao en po;
- quinqué ou lámpada de Argand deriva do apelido de Antoine-Arnoult Quinquet, quen o popularizou[3]
- En "Un repoludo gaiteiro" (Cantares gallegos, de Rosalía de Castro)
- Todas, todas, namoradas
- déranlle o seu pensamento
Déranlle o seu pensamento en realidade é unha metonimia (tómase unha parte das mulleres, un anaco imposible de dar, o pensamento, para indicar que se entregaron ó gaiteiro por enteiro a causa do amor que lle profesaban. Agora ben, o resultado final da metonimia aseméllase a un oxímoro (unión de conceptos incompatibles) e tamén pode ser un caso de ambigüidade (se se interpreta o pensamento como a flor do mesmo nome).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para metonimia.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para uralita.
- ↑ "Lamp". Columbia Electronic Encyclopedia, 6th Edition (2011): 1. Academic Search Premier. Web. 5 dec. 2011. (en inglés).