Saltar ao contido

Metaloide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xunto cos metais e os non metais, os metaloides ou semimetais comprenden unha das tres categorías de elementos químicos seguindo unha clasificación de acordo coas propiedades de enlace e ionización.

As súas propiedades son intermedias entre os metais e os non metais. Non hai unha forma unívoca de distinguir os metaloides dos metais verdadeiros, pero xeralmente diferéncianse en que os metaloides son semicondutores antes que condutores. Son considerados metaloides os seguintes elementos:

Dentro da táboa periódica os metaloides atópanse en liña diagonal desde o boro ao polonio. Os elementos que se atopan encima á dereita son non metais, e os que se atopan debaixo á esquerda son metais.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.