Saltar ao contido

Mars 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mars 7
Mars 7
TipoAterrador de Marte
Data de lanzamento9 de agosto de 1973, 17:00 GMT[1][2][3]
Foguete portadorProton K/D[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][4][5]
Obxectivo da misiónEstudo de Marte.[2][4][5]
NSSDC ID1973-053A
Masa3260 kg[2]

Mars 7 foi unha sonda espacial da Unión Soviética lanzada o 9 de agosto de 1973 mediante un foguete Proton K/D desde o cosmódromo de Baikonur cara Marte. Foi lanzada catro días despois de Mars 6.[1][2][4][5][3]

Características

[editar | editar a fonte]

Mars 7 era unha sonda de tipo Mars M-73 de 3260 kg consistente nun módulo de sobrevoo de Marte e un módulo de descenso para deixar unha sonda na superficie. O módulo de sobrevoo retransmitiría os datos do módulo de descenso, que levaba a bordo un telefotómetro panorámico para fotografar a superficie, sensores para medir a temperatura, presión, densidade e velocidade do vento durante o descenso, un espectrómetro de masas para estudar a composición atmosférica, un radioaltímetro, un experimento para analizar a composición do solo marciano e sensores para medir as propiedades mecánicas do mesmo. O módulo de sobrevoo levaba un telefotómetro para obter imaxes da superficie, un sensor Lyman alfa para buscar hidróxeno na parte superior da atmosfera, un magnetómetro, unha trampa de ións, un sensor de plasma, sensores para raios cósmicos e para micrometeoritos e un radiómetro francés para medir as radioemisións solares.[1][2][4][5][3]

As catro naves de tipo Mars M-73 (Mars 4, Mars 5, Mars 6 e Mars 7) víronse afectadas por un defecto na súa electrónica consistente no uso de transistores 2T312 que usaban aluminio nos seus contactos en vez de ouro, o que producía unha degradación importante e finalmente o fallo da electrónica. Mars 4, 6 e 7 fallaron nas súas misións principais debido a este problema.[1][2][4][5][3]

Perfil da misión

[editar | editar a fonte]

Mars 7 fixo unha manobra de corrección de traxectoria o 16 de agosto de 1973, chegando a Marte o 9 de marzo de 1974. O módulo de descenso separouse prematuramente do de sobrevoo, posiblemente debido ao problema cos transistores, polo que pasou a 1300 km da superficie. Os dous módulos entraron nunha órbita heliocéntrica.[1][2][4][5][3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "MARS 7" (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (28 de outubro de 2022). "Mars 7" (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Letter dated 7 September 1973 from the Deputy Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (73-17808). 13 de setembro de 1973: 2. Consultado o 6 de xullo de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Mars 4, 5 (Mars M73 Orbiter #1, #2)" (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2023). "Mars" (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]