Maria Schneider
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Maria Hélène Schneider 27 de marzo de 1952 15º distrito de París (Francia) |
Morte | 3 de febreiro de 2011 (58 anos) 15º distrito de París (Francia) |
Causa da morte | cancro |
Actividade | |
Ocupación | actriz de televisión, actriz de cinema, modelo |
Período de actividade | 1969 - 2008 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Daniel Gélin |
Irmáns | Xavier Gélin Fiona Gélin Manuel Gélin Pascal Gélin |
Parentes | Vanessa Schneider, curmá entregue Michel Schneider, maternal uncle |
Cronoloxía | |
Funeral (Saint-Roch (en) ) | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Maria Schneider, nada en París o 27 de marzo de 1952 e finada na mesma cidade o 3 de febreiro de 2011, foi unha actriz francesa. Acadou sona aos 20 anos polo seu papel en Ultimo Tango a Parigi de Bernardo Bertolucci.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi filla da modelo Marie-Christine Schneider e do actor Daniel Gelin, que non a recoñeceu como filla.
Debutou cn 15 anos no teatro, e iniciouse no cinema co director Terence Young, e cun pequeno papel en Madly, xunto a Alain Delon. Despois de aparecer en diversas producións francesas, alemás e italianas, presentouse ao cásting para un proxecto de Bernardo Bertolucci. Tras ser seleccionada interpretou o papel de Jeanne en Ultimo Tango a Parigi, acompañada de Marlon Brando, que a levaron á fama, pero que a marcaría negativamente para toda a vida.
Na década de 1970 participou en proxectos xunto a Jack Nicholson en O reporteiro, David Bowie e Marlene Dietrich en Just a Gigolo, ou Gérard Depardieu en Violanta. En 1980 foi candidata ao Premio César á mellor actriz secundaria polo seu papel como prostituta violenta e malsá en La Dérobade.
Continuou con papeis menores e aparicións en televisión, regresando na década de 1990 con Les Nuits Fauves e Jane Eire. En Les Acteurs (ano 2000) aparece cun papel semi-autobiográfico de actriz maldita.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Madly (Roger Kahane, 1969)
- L'Arbre de Noël (Terence Young, 1969)
- La Vieille Fille (Jean-Pierre Blanc, 1972)
- What a Flash! (Jean-Michel Barjol, 1972)
- Ultimo Tango a Parigi (Bernardo Bertolucci, 1972)
- Cari genitori (Enrico Maria Salerno, 1973)
- Jeune fille libre le soirde (René Clément, 1975)
- Professione: reporter (Michelangelo Antonioni, 1975)
- La Baby-Sitter (René Clément, 1975)
- Violanta (Daniel Schmid, 1977)
- Voyage au jardin des morts (Philippe Garrel, 1978)
- La Dérobade (Daniel Duval, 1979)
- Just a gigolo (David Hemmings, 1979)
- Weisse Reise (Werner Schroeter, 1980)
- Haine (Dominique Goult, 1980)
- Mamma Dracula (Boris Szulzinger, 1980)
- Balles perdues (Jean-Louis Comolli, 1982)
- Merry-Go-Round (Jacques Rivette, 1982)
- L'Imposteur (Cercasi Gesù) (Luigi Comencini, 1983)
- Résidence surveillée (Frédéric Compain, 1987)
- Bunker Palace Hôtel (Enki Bilal, 1989)
- Au pays des Juliets (Mehdi Charef, 1992)
- Les Nuits fauves (Cyril Collard, 1992)
- Jane Eyre (Franco Zeffirelli, 1996)
- Les Acteurs (Bertrand Blier, 2000)
- La Repentie (Laetitia Masson, 2002)
- La Vie d'artiste (Marc Fitoussi, 2006)
- La Clef (Guillaume Nicloux, 2007)
- Cliente (Josiane Balasko, 2009)