Saltar ao contido

Mario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMario

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Marcus Aurelius Marius Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor en Wikidata
Morte269 Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Emperador do Imperio Galo
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Efixie de Mario nun antoniniano.

Marcus Aurelius Marius, foi nomeado emperador do Imperio Galo no ano 269, na cidade de Maguncia, na Xermania Inferior. Chegou ao cargo pola aclamación das tropas de Póstumo, que poucos días antes morrera ás mans desas mesmas tropas, ás cales lles prohibira saquear a cidade despois de tomala.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi correxente con Póstumo e o seu goberno durou só 18 días, pois as mesmas tropas que o nomearan matárono ao tratar el de facer xustiza e aclarar as mortes de Póstumo, o seu fillo pequeno Póstumo II e Leliano.

Numismática

[editar | editar a fonte]

Coa pequena excepción das moedas acuñadas en Augusta Treverorum, as súas moedas parecen emitidas en Moguntiaum, empregando matrices do reverso da acuñación de Leliano.[1]  A cuñaxe en moeda de ouro (áureos) e prata (antoninianos) enfatizaba a harmonía e lealdade militar cos títulos concordia militum ("concordia dos soldados") e fides militum ("lealdade dos soldados"). Baixo Mario, os tipos de reversos ampliáronse moito en relación ao repertorio de Leliano, e algúns dos seus antoninianos foron reutilizados por Vitorino, que modificou lixeiramente o seu retrato.[1]

  1. 1,0 1,1 Vagi (2000), p. 393

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Vagi, David L. (2000). Coinage and History of the Roman Empire, c. 82 B.C.– A.D. 480 (en inglés). Chicago: Fitzroy Dearborn. ISBN 9781579583163.