Marcelino Agís Villaverde
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xuño de 1963 (61 anos) Raxó, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario, filósofo |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela (2012–) |
Premios | |
Marcelino Agís Villaverde, nado en Raxó (Poio) o 17 de xuño de 1963, catedrático de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela[1], escritor e filósofo galego.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela en 1986. Estudos de posgraduado en París e Chicago con Paul Ricoeur. Doutor en Filosofía pola USC (1992). Profesor visitante da Universidade de Perugia (1995), Universidade Presbiteriana Mackenzie (2005 e 2007). Profesor invitado nas Universidades Technische Universität de Berlín, Coímbra, Porto, Instituto Superior de Psicoloxía Aplicada de Lisboa, Universidade do Minho (Braga), Tenri (Xapón), São Paulo, Roma III, Istituto Italiano per gli Studi Filosofici (Nápoles), Kansas University (USA) e Universidade Popular Autónoma do Estado de Puebla (México). É catedrático de Filosofía na Facultade de Filosofía da USC desde 1996, profesor titor da UNED e profesor colaborador do Instituto Teolóxico Compostelán (Universidade Pontificia de Salamanca). Foi vicerreitor de Terceiro Ciclo e Extensión Docente (2002-2006). Presidente da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA), do Foro Galicia Milenio e da Sociedade Galega de Estudos Nipóns (SENI). Vicepresidente da Academia Xacoba, correspondente da Academia das Ciencias de Lisboa (sección Letras) e fundador do Seminario de Estudos Locais de Sanxenxo (SEL) (2010) e do SEL da Estrada (2012).[2]
Membro do Comité Asesor da Revista Galega do Ensino (Xunta de Galicia). Representante en España dos Fonds Ricoeur (París). Membro do Padroado da Fundación Alfredo Brañas e do Padroado da Fundación Isla Couto. Presidente do Foro de Pensamiento y Opinión: Galicia Milenio.[3]
Colaborador habitual na prensa: O Correo Galego, Galicia Hoxe, El Correo Gallego, Radio Galega.
Os seus libros e artigos científicos está traducidos ao castelán, inglés, xaponés e ruso.[4]
En maio de 2024 foi nomeado correspondente da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas.[5]
Obras[6]
[editar | editar a fonte]En galego
[editar | editar a fonte]- Historias da Filosofía (1997). Xerais.
- Crónica viva do pensamento galego (2001). Galaxia. 320 páxs. ISBN 978-84-8288-441-7. (2020). Galaxia, Fundación Isla Couto. 362 páxs.[7] ISBN 978-84-09-19500-8.
- Camiñantes, un itinerario filosófico (2009). Galaxia. 250 páxs. ISBN 978-84-9865-194-2. (Trad. esp. Caminantes. Un itinerario Filosófico, Fundación E. Mounier, 2013. Trad. rusa: ПУТНИКИ. ФИЛОСОФИя СTPAHCTBИй, Moscova, 2012; trad. para América: El Camino de la Filosofía, Universidad Don Bosco, O Salvador 2011; trad. portuguesa-Brasil: Caminhantes. Um itinerário filosófico, Sâo Paulo 2017).
- Historia do pensamento galego contemporáneo. Contribucións da Filosofía á cultura actual (2016). Deputación da Coruña (Premio de ensaio “Manuel Murguía”).
- O Padre Sarmiento viaxeiro (2018). Galaxia. 120 páxs. ISBN 978-84-9151-179-3.
- Anatomía do pensar. O discurso filosófico e a súa interpretación. Volume 1: O discurso filosófico (2020). Galaxia. 648 páxs. ISBN 978-84-9151-434-3.
- Anatomía do pensar. O discurso filosófico e a súa interpretación. Volume 2. Historia da interpretación filosófica (2020). Galaxia. 900 páxs. ISBN 978-84-9151-578-4
En portugués
[editar | editar a fonte]- Paul Ricoeur: a força da razão compartida (2004). Lisboa: Instituto Piaget
En castelán
[editar | editar a fonte]- Mircea Eliade. Una filosofía de lo sagrado (1991). USC. (Trad. xaponesa: ミルチャ・エリアーデ, Kansai University, Osaka 2013)
- El discurso filosófico: análisis desde la obra de Paul Ricoeur (1993)
- Del símbolo a la metáfora. Introducción a la filosofía hermenéutica de Paul Ricoeur (1995). USC.
- El camino de la Filosofía (2011). Editorial Universidad Don Bosco. ISBN 9789992350324.
- Conocimiento y razón práctica. Un recorrido por la filosofía de Paul Ricoeur (2011). Fundación Emmanuel Mounier, Madrid (Trad. inglés: Knowledge and practical reason. Paul Ricoeur way of thinking, LIT Verlag, Münster 2012).
- La historia de la filosofía como nunca te la habían contado (2018). Hércules Ed. ISBN 978-84-948619-2-5.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2015: Premio Manuel Murguía de Ensaio da Deputación da Coruña.[8]
- 2016: Premio de Investigación en Humanidades "Concepción Arenal", do Concello de Ferrrol e da Universidade da Coruña.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "MARCELINO AGIS VILLAVERDE - Universidad de Santiago de Compostela". investigacion.usc.gal. Consultado o 2021-11-26.
- ↑ 2,0 2,1 "Marcelino Agís Villaverde". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-12.
- ↑ "Marcelino Agís Villaverde Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2021-01-12.
- ↑ "Marcelino Agís Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2021-01-12.
- ↑ "A Real Academia de Ciencias Morais e Políticas nomea correspondente o catedrático Marcelino Agís Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. 2024-05-24. Consultado o 2024-05-25.
- ↑ "www.usc.gal" (PDF). curriculum vitae 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xaneiro de 2021.
- ↑ Baliñas, Carlos (Outubro, novembro, decembro 2020). "Relato amable da traxectoria intelectual de Galicia". Revista Grial. LVIII: 98, 99. ISSN 0017-4181.
- ↑ Press, Europa (2015-09-30). "Una obra de Marcelino Agís gana el premio de ensayo Manuel Murguía". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2021-01-12.
- ↑ "Marcelino Agís gana el premio Concepción Arenal". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-09-20. Consultado o 2021-01-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. p. 14. ISBN 84-8064-113-4.