Mathis Bolly
Mathis Bolly | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Mathis Gazoa Kippersund Bolly | ||
Nacemento | 14 de novembro de 1990 | ||
Lugar de nacemento | Oslo | ||
Altura | 1.85[1] | ||
Posición | centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Holmlia | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2008–2012 | Lillestrøm | 60 | (7) |
2013–2016 | Fortuna Düsseldorf | 50 | (6) |
2014–2016 | → Fortuna Düsseldorf II | 3 | (2) |
2016– | Greuther Fürth | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2009 | Noruega sub-19 | 3 | (0) |
2013– | Costa do Marfil | 5 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 00:16, 18 de maio de 2016 (UTC) Selección: actualizado a 10 de xuño de 2014[ editar datos en Wikidata ] | |||
Mathis Bolly, nado en Oslo o 14 de novembro de 1990, é un futbolista noruegués–marfilés que xoga como centrocampista co Greuther Fürth.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De pai marfilés e nai norueguesa, Bolly medrou no barrio de Holmlia en Oslo, e xogou nas seccións inferiores do Lyn, Oppsal e Holmlia antes de fichar polo Lillestrøm en 2008.[2] Fixo o seu debut no primeiro equipo na Tippeligaen contra o Stabæk e xogou dous partidos na súa primeira tempada co club.[3] Na segunda tempada, en 2009, xogou dez partidos na división de honra.[4] Bolly logrou o seu primeiro gol na máxima competición norueguesa nunha vitoria 1–0 contra o Sandefjord o 3 de outubro de 2010.[5] Durante a tempada 2012 marcou catro goles e fixo catro asistencias.[6] Logo aceptou unha oferta do Fortuna Düsseldorf e o 2 de xaneiro de 2013, firmou por tres ano e medio co club alemán.[7]
Debutou na Bundesliga nun enconro contra o Mainz 05 como substituto. No seguinte partido, contra o FC Bayern München o 9 de marzo de 2013, puntuou para o Fortuna Düsseldorf nunha derrota 3–2.[8] E na semana seguinte deulle outro gol ao equipo nun empate 1–1 contra o VfL Wolfsburg.[9] O Fortuna Düsseldorf baixou de categoría na tempada 2012–13 mais Bolly permaneceu co equipo na 2. Bundesliga[10]
Carreira internacional
[editar | editar a fonte]Bolly xogou tres partidos coa selección norueguesa sub-19 en 2009 pero en maio de 2013 o adestrador da selección de Costa do Marfil convocouno para a rolda de clasificación do mundial contra Gambia e Tanzania.[11] Xogou o seu primeiro encontro con Costa do Marfil contra Gambia o 8 de xuño de 2013.[10] O seu segundo partido foi nun amigable contra México en agosto de 2013, xogando ao lado de Didier Drogba.[12] Tamén o chamaron para xogar con Costa do Marfil no Mundial de Fútbol Brasil 2014 no Brasil, e debutou nun mundial na segunda parte no partido contra Colombia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bolly, Mathis". kicker.de.
- ↑ "Bolly takket nei til spill for Norge". Aftenposten. 27 de maio de 2013.
- ↑ "På kanten av gjennombruddet". rb.no. 14 de xaneiro de 2009.
- ↑ "Tidenes raskeste norske eliteseriespiller". Aftenposten. 5 de novembro de 2009.
- ↑ "Bolly-perle sikret seier til uavgjortspesialistene". VB. 23 de febreiro de 2016.
- ↑ "Berg: - Bolly kunne fått mange landskamper for Norge". VG. 18 de maio de 2013.
- ↑ "Her er Norges ferskeste Bundesliga-proff". Dagbladet. 2 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Her scorer Mathis Bolly sitt første Bundesliga-mål mot mektige Bayern München". TV2. 9 de marzo de 2013.
- ↑ http://www.tv2.no/sport/fotball/tyskland/her-scorer-mathis-bolly-i-bundesliga-igjen-4009601.html Her scorer Mathis Bolly i Bundesliga igjen. TV 2, 15 de marzo de 2013
- ↑ 10,0 10,1 "Denne nordmannen er nær VM". Nettavisen. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2014. Consultado o 23 de outubro de 2016.
- ↑ "Bolly sier nei til Norge". TV2. 17 de maio de 2013.
- ↑ "På lag med Drogba". rb.no. 15 de agosto de 2013.