Motorsport Arena Oschersleben
Hockenheimring | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Carreiras | DTM |
Localización | Oschersleben, Saxonia-Anhalt, Alemaña |
Lonxitude | 4´574 km |
Curvas | 14 |
Volta rápida (2011) | 1:18.846 |
Piloto récord | Sergey Afanasyev (Auto GP) |
O Motorsport Arena Oschersleben (antigamente chamado Motopark Oschersleben) é un autódromo localizado na vila de Oschersleben (a uns 30 km da cidade de Magdeburgo), Saxonia-Anhalt, Alemaña. O trazado principal do autódromo conta cunha lonxitude total de 3'667 quilómetros e cun número total de 14 curvas.
O día 25 de xullo do ano 1997 o circuíto foi inaugurado co nome de Motopark Oschersleben. Naquel tempo, este autódromo foi o terceiro circuíto permanente de toda Alemaña despois de Nürburgring e de Hockenheimring.
No pasado, o Motorsport Arena Oschersleben foi sede do Campionato Mundial de Turismos entre o 2005 e o 2011, do Campionato Europeo de Turismos entre 2001 e 2004 e tamén doutros campionatos de prestixio como o Campionato FIA GT1 ou o Campionato do mundo de Superbikes noutras datas. Actualmente o circuíto só acolle unha competición de grande importancia: o DTM.