Saltar ao contido

Lingua otomí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Otomí
Pronuncia:/ˌoʊtəˈmiː/
Outros nomes:Hpyurta, Ñätho, Ñäñho, Ñ'yühü, Hñotho, Hñähü, Hñätho, Yųhų, Yųhmų, Ñųhų, Ñǫthǫ, Ñañhų
Falado en: México
Rexións: Estado de México, Puebla, Veracruz, Hidalgo, Guanajuato, Querétaro, Tlaxcala, Michoacán
Total de falantes: 290 000 (censo de 2010)
Familia: Otomangueana
 Otopameana
  Otomí
Escrita: Latino
Status oficial
Lingua oficial de: México
A través da Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas[1]
Regulado por: Instituto Nacional de Linguas Indíxenas[2]
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: oto
ISO 639-3: ote
Mapa
Status

O otomí está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]

A lingua otomí[4][5] é unha lingua indíxena de México, falada polo pobo otomí. Os indíxenas otomís do Val de Mezquital tamén a chaman hñähñu na súa propia lingua. O otomí é unha lingua mesoamericana e amosa algúns dos trazos característicos da área lingüística mesoamericana. Segundo a Lei de Dereitos Lingüísticos de México, o otomí é recoñecido como unha lingua nacional, a carón doutras sesenta linguas indíxenas e o castelán, e por dereito, ten a mesma validez teórica no país.[6] Polo seu número de falantes, o otomí é a sétima lingua indíxena máis falada de México, despois do náhuatl, o iucateco, o zapoteca, o mixteca, o tzotzil e o tzeltal. Porén, este dato é só indicativo, xa que en realidade a "lingua otomí" debe considerarse como un grupo con moitas variantes.

  1. "General Law of Linguistic Rights of Indigenous Peoples" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xuño de 2008. Consultado o 06 de xullo de 2017. 
  2. "Instituto Nacional de Lenguas Indígenas homepage". 
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  4. Definición de otomí no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  5. "otomí". TERGAL. Consultado o 29/05/2019. 
  6. "LEY GENERAL DE DERECHOS LINGÜÍSTICOS DE LOS PUEBLOS INDÍGENAS". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2007. Consultado o 06 de xullo de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Wallis, Ethel E. (1956). "Simulfixation in Aspect Markers of Mezquital Otomi". Language 32 (3): 453–59. JSTOR 410566. doi:10.2307/410566.