Saltar ao contido

Lixa, Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLixa, Portugal
Imaxe

Localización
Mapa
 41°19′23″N 8°08′47″O / 41.323, -8.14631
EstadoPortugal
DistritosDistrito do Porto
ConcelloFelgueiras Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie12,58 km² Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

A Lixa é unha cidade portuguesa do concello de Felgueiras, distrito do Porto.

Elevada a cidade en 1995, ocupa unha superficie de 12,58 km² e alberga a cerca de 9 000 habitantes (2004) repartidos en catro freguesías, Vila Cova da Lixa, Santão, Borba de Godim e Macieira da Lixa.

A cidade da Lixa está situada entre as de Amarante e Felgueiras na chamada "Terra Verde". Os seus naturais chámanse lixenses.

As principais actividades económicas da cidade son o comercio (téxtiles, bordados, mobiliario e calzado), a agricultura (millo, centeo, feixóns, patacas, cebolas, froitas variadas, liño, mel e viño verde), a artesanía (encaixes e bordados de liño e algodón), a gandaría (gando bovino, caprino, porcino e aves) e a industria (a máis importante a de calzado, que emprega ao 30 % da poboación activa).