Learjet 35
Learjet 35 | |
---|---|
Tipo | reactor executivo |
Fabricante | Learjet |
Primeiro voo | 22 de agosto de 1973 |
Estado | operativo |
Produción | 1973 - 1994 |
Unidades construídas | 738 |
Os Learjet Model 35 e Model 36 son unha serie de reactores executivos e transportes militares multirrol estadounidenses fabricados por Learjet. Os avións usados pola Forza Aérea dos Estados Unidos reciben a designación C-21A.
O avión está impulsado por dous motores turboventilador Garrett TFE731-2. A súa cabina pode arranxarse para transportar de seis a oito pasaxeiros. O Model 36 de maior alcance ten menos espazo para a pasaxe, ocupado na parte traseira por tanques de combustible.
Os motores están montados en góndolas nos laterais da fuselaxe traseira. As ás están equipadas con flaps dunha única rañura. Os tnques de combustible das puntas das ás distinguen a este deseño doutros avións con funcións semellantes.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O concepto que se converteu no LJ35 comezou como o Learjet 25BGF (co GF referíndose a "Garrett Fan"), un Learjet 25 cun novo turboventilador TFE731 montado no lado esquerdo no lugar do turborreactor General Electric CJ610 do 25. Este avión, que actuou como banco de probas, voou por vez primeira en maio de 1971.[1] Como resultado do incremento de potencia e do reducido ruído do novo motor, Learjet mellorou aínda máis o deseño, e en vez de ser sinxelamente unha variante do 25, converteuse nun novo modelo, o 35.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Learjet 31/35/36". Airliners.net. Consultado o 2022-05-16.