Saltar ao contido

Laranxa (cor)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A cor laranxa atópase entre o vermello e o amarelo no espectro visible, nunha lonxitude de onda de aproximadamente 620-585nm. É a mesma cor que a da froita da cal toma o seu nome.

Nunha mestura subtractiva, como nunha pintura ou superpoñendo papeis celofán, pódese obter o laranxa a partir da mestura de maxenta e o amarelo nunha proporción maior deste último.

Nunha mestura aditiva, como no monitor dun ordenador ou un televisor, obtense o laranxa a partir da mestura do vermello e do verde, cunha intensidade menor deste último.

A súa cor complementaria é o azul.