Lalín, Lalín
Lalín | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°39′42″N 8°07′11″O / 42.6615858, -8.1198163 |
Poboación | 10.462 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María das Dores de Lalín é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2011 tiña 10.462 habitantes (5.129 mulleres e 5.333 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 7.702 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]A parroquia de Santa María das Dores de Lalín foi creada na reforma parroquial de 1890, coa fusión da antiga parroquia de San Martiño de Lalín e parte da de San Cristovo da Pena (quedando a outra parte como a nova parroquia de Xaxán). Nesta reforma Santa María de Donramiro deixou de ser parroquia e pasou a ser anexo de Lalín.
En principio a igrexa parroquial era unha capela situada na actual localización da estatua a Loriga. A comezos do século XX iniciáronse as obras para a construción dunha nova igrexa parroquial, no centro da vila, que foi inaugurada en 1919.
En 1962 fundouse a Banda de música de Lalín.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A antiga igrexa parroquial era a igrexa de San Martiño, de estilo románico do século XII, construída no lugar onde desde o 980 existía un mosteiro. Cando comezou a construírse a nova igrexa parroquial, este templo, un pouco afastado da poboación, estivo a piques de se derrubar pero a oposición dos veciños impediuno.
Demografía
[editar | editar a fonte]A poboación de Lalín medra a un ritmo considerable dende finais da década dos noventa:
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Lalín, Lalín.
-
Igrexa de San Martiño de Lalín.
-
Igrexa de San Martiño de Lalín.
-
Cruceiro de Lalín de Arriba.
-
Monumento ao aviador Loriga.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Lalín
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Lalín no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
Alfonselle | Carragoso de Abaixo | A Corredoira | Feás | García Sánchez | Lagazós | Lalín de Arriba | O Outeiro | Vila Flores |
Parroquias de Lalín
[editar | editar a fonte]