Saltar ao contido

Lago Winnipegosis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaLago Winnipegosis
Imaxe
Tipolago Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaCanadá Editar o valor en Wikidata
División administrativaManitoba, Canadá Editar o valor en Wikidata
Mapa
 52°30′N 100°00′O / 52.5, -100
Afluentes
Efluente do lagoWaterhen River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaLake Winnipeg basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude254 m Editar o valor en Wikidata
Profundidade12 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións20 (ancho) × 195 (lonxitude) km
Superficie5.164 km² Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica50.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Volume físico20,1 km³ Editar o valor en Wikidata

O lago Winnipegosis é un extenso lago (5.370 km²) localizado no centro de Norteamérica, na provincia de Manitoba, Canadá, a uns 300 km ao noroeste de Winnipeg. É o undécimo maior lago do Canadá.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O topónimo Winnipegosis deriva do nome do lago Winnipeg, cun sufixo diminutivo.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

De forma alongada, con 195 km de lonxitude, é o segundo lago maior dos tres grandes lagos de Manitoba central, sendo os outros dous o Lago Winnipeg, o maior, e o Lago Manitoba. Os tres sitúanse sobre a base do prehistórico Lago Glacial Agassiz.

A cunca fluvial do lago cobre 49.825 km² dos estados de Manitoba e Saskatchewan. Ríos tributarios son Red Deer, Woody e Swan. O lago desauga a través do río Water Hen cara ao kago Manitoba, e así forma parte das bacías do lago Winnipeg, do río Nelson e da baía de Hudson.

Nas marxes do lago están as localidades de Camperville e Winnipegosis.