Lago Chad
Tipo | lago endorreico | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Extremo Norte, Camerún (pt) | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Conca hidrográfica | Chad Basin (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 100 m | |||
Profundidade | 10,5 m | |||
Perímetro | 650 km | |||
Atravesa | Chad, Camerún, Nixeria e Níxer | |||
Superficie | 1.540 km² | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 2.381.635 km² | |||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 30 de outubro de 2018 | |||
Identificador | 2051 | |||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 12 de xullo de 2018 | |||
Identificador | 2051 | |||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2 de febreiro de 2018, 26 de maio de 2006, 9 de outubro de 2018 | |||
Identificador | 2051 | |||
Sitio Ramsar | ||||
Identificador | 1072 | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 6,3 km³ | |||
O lago Chad (francés "lac Tchad") é un lago endorreico que se atopa situado no límite entre o Chad, Níxer, Nixeria e o Camerún, na África central. A súa capacidade vén diminuíndo co paso do tempo debido, sobre todo, á desertificación provocada pola proximidade do deserto do Sáhara e pola captura de auga para cultivos de irrigación. Segundo a Base de Datos Global de Información de Recursos do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, esta reduciuse nun 95% entre 1963 e 1998, pero "unha imaxe de 2007 (satélite) mostra unha mellora significativa en comparación con anos anteriores".[1]
Xeografía e hidroloxía
[editar | editar a fonte]O seu maior tributario é o río Chari, o cal lle fornece o 90% das súas augas. Por mor da súa escasa profundidade, de só 7 metros no seu punto máis profundo, a área é particularmente sensible a cambios na profundidade media, e mostra flutuacións de tamaño segundo a época do ano. Aparentemente as augas non teñen saída, aínda que as súas augas fíltranse nas depresións de Soro e Bodele. Existen numerosas illas e bancos de limo, e nas súas beiras abundan as zonas pantanosas.
Historia
[editar | editar a fonte]O lago Chad deu o seu nome ao país de Chad. O nome Chad é unha palabra local que significa "gran extensión de auga", noutras palabras, un "lago"[2]
Existen evidencias científicas sobre a existencia dun lago moito maior que cubría unha área de algo menos de 400.000 km² en dous pulsos húmidos do Holoceno.[3] Os seus cambios radicais de extensión teñen que ver coa súa pouca profundidade. Cando foi descuberto polos europeos en 1823 era un dos maiores lagos do mundo, pero reduciuse considerablemente desde entón. A demanda crecente de auga do lago acelerou a súa dexeneración no últimos corenta anos.[4]
Nos anos 1960 a área cuberta polas súas augas era de 26.000 km², unha extensión similar á superficie da illa de Sicilia, o cal o convertía no cuarto maior lago de África. En 2000 a súa extensión reduciuse a menos de 1.500 km², e en 2006 era de tan só 900 km²; as causas son a redución das precipitacións xunto ao aumento da extracción de auga para regadíos e outros usos, tanto do mesmo lago como dos ríos tributarios. Os prognósticos indican que o lago continuará reducíndose e mesmo acabará secándose ao longo do século xxi.[4]
Períodos de seca
[editar | editar a fonte]O lago estivo practicamente seco en 1908 e novamente en 1984 con só 1,5 m de profundidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ United Nations 2007.
- ↑ Room 1994.
- ↑ Schuster, Mathieu; et al. (2005). "Holocene Lake Mega-Chad palaeoshorelines from space". Quaternary Science Reviews 24 (16-17). ISSN 0277-3791. doi:10.1016/j.quascirev.2005.02.001.. Unha reconstrución da extensión do lago Mega Chad é visible aquí.
- ↑ 4,0 4,1 El gran lago Chad corre el riesgo de desaparecer en dos décadas - elperiodico.com (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- United Nations Environment Programme, ed. (2007). "Atlas of Our Changing Environment".
- Room, Adrian (1994). McFarland and Company, ed. African Placenames. ISBN 0-89950-943-6.