Lois IV de Francia
Nome orixinal | (fr) Louis IV d'Outremer |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | setembro de 920 Laon, Francia |
Morte | 10 de setembro de 954 (33/34 anos) Reims, Francia |
Causa da morte | morte accidental, caída de cabalo |
Lugar de sepultura | Abadia de Saint-Remi (pt) |
Monarca da Francia Occidental | |
19 de xuño de 936 – 10 de setembro de 954 ← Raúl I de Francia – Lotario I de Francia → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Outro | |
Título | Rei dos francos (936–954) |
Familia | Dinastía Carolinxia |
Cónxuxe | Gerberga da Saxônia (939 (Gregoriano)–) |
Fillos | Lotario I de Francia, Matilde de Francia, Prince Charles des Francs, Carlos da Baixa Lorena |
Pais | Carlos III de Francia e Eadgifu de Wessex |
Irmáns | Gisela de Francia Hildegarde of France |
Cronoloxía | |
24 de xuño de 936 | coroación |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Lois IV[1] ou Luís IV, chamado de Ultramar (en francés: d'Outremer ; en latín: Transmarinus), nado en Laon o 10 de setembro de 921 e finado en Reims o 10 de setembro de 954, foi rei de Francia (Francia Occidentalis) do 936 ao 954. Membro da dinastía carolinxia, era fillo de Carlos III o Simple e de Eadgifu de Wessex, filla de Eduardo o Vello, rei dos anglosaxóns (Wessex).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tiña só dous anos cando os nobres derrocaron ao seu pai para instaurar a Roberto I. Cando tiña tres anos, Roberto morreu e foi substituído por Raúl, duque de Borgoña. Un aliado de Raúl, tamén carolinxio, o conde Heriberto II de Vermandois, secuestrou a Carlos con traizón e a nai do neno Luís levouno a Ultramar, á Gran Bretaña, onde estaría seguro por un tempo.
Carlos morreu en 929, pero Raúl I reinou ata o 936, cando morreu sen descendencia[2], cando Luís, regresado a Francia, foi aclamado polos nobres, especialmente Hugo o Grande, que probabelmente organizou o seu regreso para evitar que Heriberto II ou o irmán de Rodolfo, Hugo o Negro, ocupasen o trono. Foi coroado en Laon por Artaldo, arcebispo de Reims, o domingo 19 de xuño de 936. Aínda que a súa soberanía se limitaba, na práctica, á cidade de Laon e a algunhas localidades do norte de Francia, Luís demostrou unha agudeza superior á súa idade cando logrou o recoñecemento da súa autoridade por parte dos nobres. Porén, o seu reinado estivo marcado por conflitos, especialmente con Hugo o Grande, o conde de París.
En 939 Luís estivo involucrado na loita contra o emperador Otón o Grande sobre o Ducado de Lorena. Pouco despois, con todo, había casar coa irmá de Otón, Xerberga de Saxonia (914-984). Tiveron dous fillos e unha filla: Lotario, que o sucedeu; Carlos, duque de Baixa Lorena, e Matilda, que casou con Conrado, rei de Borgoña.
O restablecemento da lexitimidade carolinxia que significou o seu acceso ao trono levou a refacer algúns vínculos entre a monarquía franca e a maioría dos condados cataláns e, dun xeito moi especial, cos mosteiros emerxentes, que buscaban consolidarse cos seus preceptos. Así, o conde Wilfredo II de Besalú debía renderlle homenaxe en 952, e o abade Hildesindo de Sant Pere de Rodes obtivo o último dos preceptos que ditou para Cataluña, no 953.
Luís IV morreu ao caer do seu cabalo en 954 en Reims e está enterrado na basílica de Saint Rémi desta cidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-09.
- ↑ Bien connaître les généalogies des rois de France (en francès). Editions Jean-paul Gisserot. 1996. ISBN 2877472086.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lois IV de Francia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Luís". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. pp. 1259–1260. ISBN 978-84-8288-942-9.
Nome de dezaoito reis de Francia...