Saltar ao contido

Ostara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ostara

Ostara (antigo inglés, Eostre) é o nome dunha antiga deusa xermánica da primavera, cuxo primeiro antecedente documental procede do monxe bieito Beda o Venerable, quen no seu libro historiográfico, "De Temporum Ratione", afirma que os anglosaxóns chamaban ó mes de abril "eosturmonath", en homenaxe a unha deusa con ese nome. Ēostre áchase detrás do nome da Pascua en inglés: Easter. Logo é Jacob Grimm quen volve a retoma-lo tema da deusa xermana de nome Ostara na "Deutsche Mythologie".

Coma unha festividade moderna dentro das relixións neopaganas coma o Odinismo ou Ásatrú e a Wicca, Ostara está relacionada con rituais e festas diúrnas que se celebran ó redor do equinoccio de primavera.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.