Saltar ao contido

O monstro mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O monstro mariño
Ficha técnica
Título orixinalThe Sea Beast
DirectorChris Williams
Produtor
  • Chris Williams
  • Jed Schlanger
Guión
Intérpretes
MúsicaMark Mancina
MontaxeJoyce Arrastia
EstudioNetflix Animation
DistribuidoraNetflix
Estrea24 de xuño de 2022
Duración119 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación
Na rede
https://www.netflix.com/title/81018682
IMDB: tt9288046 Filmaffinity: 201801 Rottentomatoes: m/the_sea_beast Metacritic: movie/the-sea-beast Netlix: 81018682 Editar o valor en Wikidata

O monstro mariño[1] (en inglés: The Sea Beast) é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Chris Williams, no seu debut como director en solitario.[2][3] O filme está protagonizado polas voces de Karl Urban, Zaris-Angel Hator, Jared Harris, Marianne Jean-Baptiste, Dan Stevens e Kathy Burke.

Producido en Netflix Animation, o filme estreouse en cinemas escollidos o 24 de xuño de 2022, antes de estrearse en Netflix o 8 de xullo, onde conta con versión dobrada e subtitulada ao galego, sendo o primeiro filme orixinal desta plataforma en estar en galego,[4][5] (antes xa estiveran o filme Ons e a serie O sabor das margaridas, pero non eran produción propia de Netflix).

O monstro mariño foi traducido para dobraxe por María Luísa Lage e para subtitulado por Noelia Bernárdez Alonso.[6]

Un cazador de monstros de mar lendario ten unha epifanía cando unha moza polisón se fai amiga do monstro máis perigoso de todos.[7]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Dobraxe en inglés Dobraxe en galego
Jacob Holland Karl Urban[8] Juan José Miranda[9]
Maisie Brumble Zaris-Angel Hator[8] Mar Miranda[9]
Capitán Crow Jared Harris[8] Juan Diéguez[9]
Sarah Sharpe Marianne Jean-Baptiste[8] Antía Álvarez[9]
Admiral Hornagold Dan Stevens[8] Julio Lorenzo[9]
Gwen Batterbie Kathy Burke[8] Alicia Borrás[9]
O rei Jim Carter Roberto Reboiro[9]
A raíña Doon Mackichan Beatriz García[9]
Ms. Merino Helen Sadler Teresa Santamaría[9]

Produción

[editar | editar a fonte]

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O 5 de novembro de 2018, Netflix anunciou que Chris Williams escribiría e dirixiría un filme animado titulado Jacob and the Sea Beast.[2] O 7 de novembro de 2020, o título do filme foi cambiado a The Sea Beast.[7]

Animación

[editar | editar a fonte]

Os servizos de animación foron achegados por Sony Pictures Imageworks.[10]

Mark Mancina compuxo a banda sonora do filme.[11][12]

En marzo de 2022, Netflix anunciou a data de estrea, o 8 de xullo de 2022.[8] O filme estreouse en cinemas escollidos de AMC, Cinemark, Regal, Cineplex Entertainment e outros o 24 de xuño de 2022, antes da estrea en Netflix.[13][14]

No sitio web do agregador de críticas Rotten Tomatoes, o 100% das 23 críticas son positivas, cunha valoración media de 8,1/10. En Metacritic, o filme ten unha puntuación media ponderada de 81 sobre 100 baseada en 9 críticos, o que indica "aclamación universal".

  1. pipocas.amesa.gal (ed.). "O monstro mariño". Consultado o 16 de xaneiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Lang, Brent (5 de novembro de 2018). "Netflix Backs ‘Jacob and the Sea Beast’ From ‘Big Hero 6’ Director Chris Williams (EXCLUSIVE)". Variety. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2018. Consultado o 20 de agosto de 2020. 
  3. Amidi, Amid (30 de marzo de 2022). "Netflix Debuts First Trailer For ‘The Sea Beast’". Cartoon Brew. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2022. Consultado o 30 de marzo de 2022. 
  4. @Fansubgalego, ed. (5 de xullo de 2022). ""O monstro mariño" en Netflix". Consultado o 7 de xullo de 2022. 
  5. "'O monstro mariño', primeira produción animada de Netflix en galego, estréase o 8 de xullo". Nós Diario. 6 de xullo de 2022. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  6. @manuelarcatrad, ed. (8 de xullo de 2022). "Tradución para dobraxe de María Luísa Lage e para subtitulado de Noelia Bernárdez Alonso". Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  7. 7,0 7,1 "The Sea Beast". Netflix. 7 de novembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2020. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 "Netflix’s ‘The Sea Beast’ Rises from the Depths with Teaser, Cast & Date Reveal". Animation Magazine. 30 de marzo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2022. Consultado o 30 de marzo de 2022. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 9,6 9,7 9,8 "O monstro mariño". dubdb.fandom.com. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  10. "The Sea Beast". Sony Pictures Imageworks. Consultado o 8 de xuño de 2022. 
  11. "Mark Mancina Scoring Chris Williams’ Netflix Animated Film ‘The Sea Beast’". Film Music Reporter. 24 de novembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2021. Consultado o 24 de novembro de 2021. 
  12. Busch, Jenna (30 de marzo de 2022). "The Sea Beast Trailer: True Adventure Begins In The Latest Netflix Animated Film". Slash Film. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2022. Consultado o 30 de marzo de 2022. 
  13. Konrad, Jeremy (7 de xuño de 2022). "The Sea Beast Trailer & Poster Debut On Netflix Geeked Week". Bleeding Cool. Arquivado dende o orixinal o 7 de xuño de 2022. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  14. Felperin, Leslie (22 de xuño de 2022). "The Sea Beast review – feisty stowaway hunts monsters in lavish fantasy epic". The Guardian. Consultado o 26 de xuño de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]