OLED
Un OLED, acrónimo de organic light-emitting diode tamén chamado organic EL[1] (en galego, díodo orgánico emisor de luz), é un tipo de LED no que a capa electroluminiscente é unha película de materia orgánica que xera e emite luz en resposta a unha determinada estimulación eléctrica. A capa de material semicondutor orgánico sitúase entre dous eléctrodos, e normalmente cando menos un deses eléctrodos é transparente.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Os OLED utilízanse en pantallas de televisor, monitores, móbiles ou PDA, e tamén se usan en fontes de luz para iluminar espazos, debido ao seu estadio de desenvolvemento aínda emiten menos luz por unidade de área que os baseados no sistema LED.
Unha pantalla OLED non precisa retroiluminación, o que lle confire un nivel de grises máis profundos e posibilita que sexa máis fina e lixeira que a LCD. De xeito semellante, en condicións de pouca luz ambiente, como cuartos escuros, unha pantalla OLED pode ter unha proporción de contraste máis alta que unha pantalla LCD usando lámpadas fluorescentes de cátodo frío ou o máis recentemente desenvolvido retroiluminación LED.
Existen dúas familias principais OLED, as baseadas en pequenas moléculas e aquelas que empregan polímeros. Ao engadir ions móbiles ao OLED créase a célula electroquímica luminescente ou LEC, que ten un modo de operación diferente.
Os dispositivos OLED poden usar un método de corrente matriz, que pode ser:
- Pasiva (PMOLED), utilizada sobre todo en pequenas pantallas
- Activa (AMOLED), que require un transistor de película fina, empregado sobre todo en pantallas grandes.
Notas
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- What is Organic EL - Electroluminescence (youtube.com, en inglés)