Juan Brasa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1891 Ourense, España |
Morte | setembro de 1982 (90/91 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Juan Brasa Sánchez, nado en Ourense en 1891 e finado na mesma cidade en setembro de 1982, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ángela Sánchez Millán e do coronel da Garda Civil Constantino Brasa Rodríguez, instalados en Ourense. Maurista, foi redactor de La Acción (1916) e despois correspondente do periódico en Buenos Aires. En 1919 era redactor xefe do Diario Español da Habana.[1] Retornado a España foi director de Los Hombres Libres (1923), onde expresou o seu rexeitamento os vellos dirixentes políticos;[2] dirixiu España de Hoy (1929) e colaborou en La Voz de Galicia, onde fixo crítica taurina. De carácter impulsivo, sostivo un duelo e tivo varios enfrontamentos. Defensor a ultranza do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi nomeado delegado para Galicia da Oficina de Prensa e Propaganda da Junta de Defensa Nacional a principios de agosto.[3] En outubro de 1937 foi enviado pola Delegación de Prensa e Propaganda como subdirector e redactor xefe de La Ametralladora, onde asinaba co pseudónimo El Legionario de la Pluma.[4] Colaborou en El Ideal Gallego. En 1964 foi nomeado crítico de touros de España de Tánxer. Pasou os seus últimos anos no Hotel Miño de Ourense, onde faleceu en setembro de 1982.[5]
Obras
[editar | editar a fonte]- Posada y Belmonte, 1913.
- Canalladas. Escritores, políticos, toreros, 1915.
- Artistas, personajes, granujas (Gente conocida), 1917.
- El torero gallego "Celita", 1919.
- Mi ultima jugada. Monólogo en prosa.
- España y la Legión (cómo viven, luchan y triunfan los Caballeros Legionarios), 1938.
- Momento español (comentarios libres de un periodista independiente), 1950.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Linares Valcárcel, Francisco (2021). Apuntes biográficos sobre el escritor y editor Artemio Precioso García (1891-1945). Albacete: Instituto de Estudios Albacetenses «Don Juan Manuel». pp. 100–103. ISBN 978-84-18165-46-7.