José Antonio Rodríguez Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de febreiro de 1937 Taraza, España |
Morte | 5 de novembro de 2023 (86 anos) valor descoñecido |
Alcalde de Valdoviño | |
1999 – 2003 ← Elisa Garrido Cantarero – Concepción Sanesteban Raposo → | |
Actividade | |
Ocupación | político, capitán de corveta |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
José Antonio Rodríguez Fernández, nado en Taraza (Valdoviño) o 2 de febreiro de 1937 e finado o 5 de novembro de 2023, foi un político e militar galego. Foi alcalde do seu concello dende o 1999 ó 2003 baixo as siglas do Partido Popular.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos 17 anos ingresou como mariñeiro voluntario na Armada Española, na que logo de pasar polas Escola de Máquinas da Armada de Ferrol e a Escola Naval de Marín acada as categorías de suboficial e oficial respectivamente. Logo de exercer como xefe de máquinas nos destrutores Jorge Juan e Blas de Lezo, pasa á reserva activa co rango de capitán de corveta[1].
Nas eleccións municipais de 1995 entra por vez primeira na vida política municipal. Se ben foi proposto como candidato do PPdeG polo seu comité local, o rexeitamento da executiva provincial[2] supuxo que encabezase unha candidatura independente coa que foi primeiro tenente de alcalde nun goberno en coalición co PSdeG-PSOE. Repetiu a candidatura independente nas eleccións de 1999 e obtivo a alcaldía, pese a sela terceira forza política, ó logralo apoio do PPdeG (primeira forza) e integrarse previamente neste partido co seu equipo. Foi candidato popular nas municipais de 2003 pero, aínda que foi a forza máis votada, perdeu a alcaldía dado o acordo entre Centristas de Valdoviño e PSdeG.
Nas municipais de 2007 concorreu en cabeza de Unión de Independientes de Valdoviño, formación que logrou un concelleiro pero que foi chave de goberno formando un tripartito con Terra Galega e o PPdeG. Nas municipais de 2011 foi o número 2 de Converxencia Galega e formou parte do goberno co PPdeG e Unidos por Valdoviño dende febreiro de 2013[3]. Debido a este pacto foi expulsado do partido co seu compañeiro e integrouse na lista do PPdeG nas municipais de 2015, sendo elixido concelleiro pero pasando á oposición debido á vitoria do PSdeG-PSOE. Volveu formar parte da lista popular nas municipais de 2019 pero non resultou elixido dado o descenso do partido.
Predecesor: Elisa Garrido Cantarero |
Alcalde de Valdoviño 1999 - 2003 |
Sucesor: Concepción Sanesteban Raposo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [1]
- ↑ La Voz de Galicia, Ferrol, 12-4-1995, p.36.
- ↑ PP, Converxencia Galega y Unidos por Valdoviño pactan un gobierno tripartito