Saltar ao contido

Jonas Jerebko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJonas Jerebko

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Borås, Suecia Editar o valor en Wikidata
Altura206 cm Editar o valor en Wikidata
Peso105 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor en Wikidata -
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Número deportivo8 Editar o valor en Wikidata
Convocado porDetroit Pistons Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Detroit Pistons
Utah Jazz
Boston Celtics
Pallacanestro Biella
Golden State Warriors
Participou en
16 de outubro de 2018Tempada 2018-19 da NBA
2013Campionato Europeo de Baloncesto Masculino de 2013 Editar o valor en Wikidata

Twitter: JonasJerebko Instagram: jonasjerebko Editar o valor en Wikidata

Jonas Jerebko, nado o 2 de marzo de 1987 en Kinna, Suecia, é un xogador sueco de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Jerebko comezou a súa carreira xogando co Marbo Basket sueco na tempada 2005-06 e na 2006-07 foise ao campión sueco Plannja Basket, onde gañou o campionato. Despois foise á liga italiana para xogar co Angelico Biella en 2007.

Declarouse elixible para o Draft da NBA de 2008, pero despois rectificou, xa que antes quería pasar un ano máis na liga italiana para gañar experiencia antes de xogar na NBA. O ex-adestrador universitario e actual analista da ESPN, Fran Fraschilla, considerou a Jerebko coma un dos cinco europeos mellor posicionados no Draft de 2009. Foi seleccionado na segunda rolda do Draft de 2009 polos Detroit Pistons, na 39ª posición. É o segundo xogador sueco en ser seleccionado para xogar na NBA, tras Miles Simon, americano nado en Suecia. En agosto, asinou un contrato de dous anos cos Pistons. A súa carreira na NBA tivo un comezo movido; nun partido de pretempada, Jerebko foi acusado de darlle unha puñada ao veterano xogador Jamaal Magloire na cara. Os dous xogadores foron suspendidos un partido da tempada regular pola pelexa.[1] Jerebko non se viu abaixo tras o incidente, e coa súa loita e determinación mellorou o seu xogo. Isto foi agradecido polos fans, e o departamento promocional dos Pistons comezou a regalar cascos viquingos e bandanas para os fans, para cada punto que anotara Jerebko.[2]

O 5 de outubro de 2010, Jerebko lesionouse no tendón de Aquiles nun partido de pretempada contra os Miami Heat.[3]

O 19 de febreiro de 2015, Jerebko foi traspasado xunto a Luigi Datome ós Boston Celtics, a cambio de Tayshaun Prince.[4] O 9 de xullo de 2015, asinou de novo cos Celtics.[5]

O 17 de xullo de 2017, Jerebko asinou cos Utah Jazz.[6]

O 12 de xullo de 2018, Jerebko asinou cos Golden State Warriors.[7]

  1. Watson, Matt. "Detroit's Fighting Swede penalized." Detroit Bad Boys. http://www.detroitbadboys.com/archives/2009-10-08/detroits-fighting-swede-penalized/ Arquivado 10 de outubro de 2009 en Wayback Machine.
  2. Sitto, Natalie. "Jerebko Row." http://need4sheed.com/2009/12/jerebko-row.html Arquivado 14 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
  3. Langlois, Keith. "Heat Check" http://www.nba.com/pistons/features/DETMIA_recap_101005.html
  4. "Detroit Pistons Acquire Tayshaun Prince From Boston". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015. 
  5. "Boston Celtics Resign Jonas Jerebko". NBA.com. 9 de xullo de 2015. Consultado o 10 de xullo de 2015. 
  6. "Jazz Sign Forward Jonas Jerebko". NBA.com. 17 de xullo de 2017. Consultado o 17 de xullo de 2017. 
  7. "Warriors Sign Free Agent Forward Jonas Jerebko". NBA.com. 12 de xullo de 2018. Consultado o 12 de xullo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]