Joel Grey
Joel David Katz, nado en Cleveland (Ohio) o 11 de abril de 1932 é un actor, cantante, bailarín e fotógrafo estadounidense coñecido como Joel Grey.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Grey naceu en Cleveland, fillo de Goldie "Grace" Epstein e Mickey Katz, actor, cómico e músico xudeu.[1][2][3] Comezou a súa carreira no teatro infantil a principios da década de 1940.
Grey orixinou a personaxe do mestre de cerimonias no musical de Broadway Cabaret en 1966, papel polo que gañou un Tony e que na súa adaptación cinematográfica tamén lle valeu un Oscar e un Globo de Ouro ao mellor actor secundario, sendo un dos oito actores que gañaron un Tony e un Oscar polo mesmo papel.[4]
Interpretou tamén o mestre de sinanju Chiu en Remo, desarmado e perigoso (1985) e un demo no último episodio da serie Dallas (1991).[5] En 1995 tivo unha actuación especial en Star Trek: Voyager e en 2000 interpretou a Oldrich Novy no filme Dancer in the Dark. Tamén tivo unha personaxe recorrente na serie Buffy the Vampire Slayer como o demo reptiliano Doc en 2001.
É o pai da tamén actriz Jennifer Grey.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1952 | About Face | Bender | |
1957 | Calypso Heat Wave | Alex Nash | |
1961 | Cando chegue setembro | Beagle | |
1972 | Cabaret | Mestre de cerimonias | |
1972 | Man on a String | Telefilme | |
1974 | Man on a Swing | Franklin Wills | |
1976 | The Seven-Per-Cent Solution | Lowenstein | |
1976 | Buffalo Bill and the Indians, or Sitting Bull's History Lesson | Nate Salsbury | |
1985 | Remo, desarmado e perigoso | Chiun "Master of Sinanju" | |
1991 | Kafka | Burgel | |
1992 | Tom and Jerry: The Movie | Narrator | |
1993 | The Music of Chance | Willy Stone | |
1994 | The Dangerous | Flea | |
1995 | Venus Rising | Jimmie | |
1996 | The Empty Mirror | Joseph Goebbels | |
1996 | My Friend Joe | Simon | |
1999 | A Christmas Carol | Pantasma do Nadal pasado | |
2000 | The Fantasticks | Amos Babcock Bellamy | |
2001 | Dancer in the Dark | Oldrich Novy | |
2001 | Reaching Normal | Dr. Mensley | |
2008 | Choke | Phil |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Joel Grey Biography (1932-)". Film Reference. Consultado o 23 de febreiro de 2014.
- ↑ Stratton, Bert (July 25, 2012). "MICKELE : Mickey Katz lives". Cleveland Jewish News.
- ↑ "KATZ, MEYER MYRON - The Encyclopedia of Cleveland History". Case Western Reserve University. 17 de xullo de 1997.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2015. Consultado o 02 de xullo de 2015.
- ↑ Carter, Bill. "So 'Dallas' is Finally Over. Or Is It?", The New York Times, 6 de maio de 1991, p.C14
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Parrish, James Robert; Terrace, Vincent (1989). The Complete Actors' Television Credits, 1948–1988 1. p. 212. ISBN 0-8108-2204-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Joel Grey na IMDb (en inglés).
- Joel Grey papers, 1904-2001 (bulk 1949-2001), New York Public Library for the Performing Arts
- TonyAwards.com Entrevista con Joel Grey