Ihor Vozniak
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de agosto de 1952 (72 anos) Lypytsi, Ucraína (en) |
Arcebispo católico | |
10 de novembro de 2005 – ← Liubomyr Huzar | |
Bispo auxiliar | |
11 de xaneiro de 2002 – | |
Bispo titular | |
11 de xaneiro de 2002 – Diocese: Q516710 | |
Bispo católico oriental | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica bizantina ucraína e Igrexa católica |
Educación | Drohobych Petroleum and Gas College (en) |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2002–), sacerdote católico (1980–), diácono (1980–), presbítero greco-católico |
Orde relixiosa | Congregación do Santísimo Redentor |
Consagración | Liubomyr Huzar |
Premios | |
Ihor Vozniak (en ucraíno: Ігор Возьняк), nado en Lypytsi, RSS de Ucraína o 3 de agosto de 1952, é un eclesiástico católico ucraíno, dende 2005 arcebispo metropolita de Lviv dos ucraínos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ihor Vozniak naceu o 3 de agosto de 1952 en Lypytsi, no distrito de Mykolaiv da rexión de Lviv, na RSS de Ucraína.
En 1973 profesou en segredo como membro da Congregación do Santísimo Redentor en Lviv. Foi tamén en segredo ordenado sacerdote de dita congregación o 23 de novembro de 1980 por Volodymyr Sterniuk, bispo que exercía de cabeza da Igrexa Católica Ucraína na Unión Soviética cando Yosyf Slipyi estaba no exilio.
O 11 de xaneiro de 2002 foi nomeado bispo auxiliar de Lviv e bispo titular de Nisa in Lycia. Recibiu a consagración episcopal de mans do arcebispo maior de Lviv, Liubomyr Huzar, o 17 de febreiro do mesmo ano.
O 10 de novembro de 2005 foi nomeado arcebispo de Lviv.
Notas
[editar | editar a fonte]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Liubomyr Huzar |
Arcebispo de Lviv 10 de novembro de 2005 - actualidade |
Sucesor: (No cargo) |