Ian Scheckter
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1947 (77 anos) East London, Suráfrica |
Educación | Selborne College (en) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo |
Deporte | automobilismo |
Ian Scheckter, nado o 22 de agosto de 1947 en East London, Suráfrica, é un expiloto de carreiras. Participou en 20 Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula 1, debutou o 30 de marzo de 1974. Non anotou puntos de campionato.
É o irmán máis vello do campión do mundo Fórmula 1 de 1979 Jody Scheckter e tío do corredor de IRL Tomas Scheckter, as súas primeiras carreiras na F1 foron no Gran Premio de Suráfrica, pilotando primeiro un Lotus 72 para o equipo local Gunston en 1974. O ano seguinte e tamén no 1976, pilotou un Tyrrell 007 para Lexington Racing, e fixo un par de carreiras europeas con Williams.
Na competición nacional Scheckter estivo preto de poñer fin á racha títulos de Dave Charlton no campionato nacional de pilotos de Suráfrica en 1975, pero nos seus dous períodos como competidor a tempo completo dominou o campionato gañando 49 carreiras e igualando a John Love e a Charlton con 6 campionatos.
Asegurou suficientes fondos para unha tempada completa co equipo March de F1, en 1977, pero tivo uns pobres resultados, axudado en gran parte polo feito de que nalgunhas carreiras o equipo March tiña ata cinco pilotos contratados e carecía de recursos para proporcionar coches competitivos a todos eles. Esta situación significou o final da súa carreira na F1. O último Gran Premio de Scheckter ía ser o Gran Premio do Xapón de 1977, pero foi detido e logo expulsado do Xapón debido a que só tiña unha visa de turista no seu pasaporte surafricano e as obxecións xaponesas ao réxime de apartheid surafricano.[1]
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1974 | Team Gunston | Lotus 72E | Cosworth V8 | ARX | BRA | RSA 13 |
ESP | BEL | MON | SWE | NED | FRA | GBR | ALE | NC | 0 | ||||||
Hesketh Racing | Hesketh 308 | Cosworth V8 | AUT NSC |
ITA | CAN | USA | ||||||||||||||||
1975 | Lexington Racing | Tyrrell 007 | Cosworth V8 | ARX | BRA | RSA Ret |
ESP | MON | BEL | NC | 0 | |||||||||||
Frank Williams Racing Cars | Williams FW03 | Cosworth V8 | SWE Ret |
NED 12 |
FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | USA | ||||||||||||
1976 | Lexington Racing | Tyrrell 007 | Cosworth V8 | BRA | RSA Ret |
USW | ESP | BEL | MON | SWE | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | CAN | USA | XPN | NC | 0 | |
1977 | Team Rothmans International | March 761B | Cosworth V8 | ARX Ret |
BRA Ret |
RSA | USW | ESP 11 |
MON NSC |
BEL Ret |
SWE Ret |
FRA NC |
GBR Ret |
ALE Ret |
AUT Ret |
NC | 0 | |||||
March 771 | Cosworth V8 | NED 10 |
ITA Ret |
USA Ret |
CAN Ret |
XPN |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lawrence, Mike (1990). The Story of March. Osceola: Motorbooks International. p. 121. ISBN 0-946627-24-X.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ian Scheckter |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |