Ian Paisley
Ian Richard Kyle Paisley, nado en Armagh o 6 de abril de 1926, morto en Belfast o 12 de setembro de 2014[1] foi un político e líder relixioso de Irlanda do Norte. Foi o fundador da Igrexa Libre Presbiteriana do Ulster e líder do Partido Unionista Democrático (DUP), o máis radical dos partidos maioritariamente protestantes, que abogan polo mantemento da unión de Irlanda do Norte ó Reino Unido. Fronte a eles, os católicos republicanos son partidarios da reunificación política de toda a illa de Irlanda.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Paisley foi membro do parlamento inglés pola circunscrición de Antrim Norte dende 1970, e tamén membro da Asemblea de Irlanda do Norte. Foi moi crítico coa fe católica e tamén se mostrou en contra da normalización social da homosexualidade.
En 2003, o partido liderado por Paisley converteuse no máis votado de Irlanda do Norte, desbancando ó moderado Partido Unionista do Ulster (DUP). O Sinn Féin converteuse na segunda forza política. A agrupación de Paisley fora en 1998 a única forza norteirlandesa oposta ós Acordos do Venres Santo, pero moi pouco a pouco moderou levemente as súas posturas. O Acordo do Venres Santo significaba a autodeterminación para o Ulster, a entrega de armas por parte dos grupos armados nun prazo de dous anos, e a rebaixa a un terzo das condenas dos presos por delitos terroristas dos grupos que asinasen o alto o fogo.
O DUP de Paisley involucrouse no proceso, unha vez que o IRA destruíu as súas armas. En 2007 Paisley foi designado como "Ministro Principal", ou xefe do Goberno rexional do Ulster, e tivo como viceprimeiro ministro ao seu inimigo acérrimo tradicional, o "número dous" do Sinn Féin, Martin McGuinness. En 2008 foi substituído por Peter Robinson como Ministro Principal e como presidente do DUP.
Ian Paisley tamén foi o fundador da organización paramilitar Voluntarios Protestantes do Ulster, "Ulster Resistance" en inglés.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Morreu Ian Paisley, o "Sr. Não" da Irlanda do Norte". PÚBLICO. Consultado o 2015-12-25.