Iniciativa de Partidos Comunistas e Obreiros
Iniciativa de Partidos Comunistas e Obreiros | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 2013 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Comunismo, Marxismo-leninismo, Euroescepticismo, Anticapitalismo, Internacionalismo |
Posición política | Esquerda revolucionaria |
Outros datos | |
Na rede | |
http://www.initiative-cwpe.org/ | |
1 Como iniciativa do Partido Comunista de Grecia (KKE) | |
A Iniciativa de Partidos Comunistas e Obreiros, ou simplemente Iniciativa, é unha internacional leninista europea. A Iniciativa ten 29 partidos membros de toda Europa. O Partido Comunista de Grecia (KKE) é o principal fundador da Iniciativa.
Foi creada o 1 de outubro de 2013 e na reunión fundacional elixiuse que os membros do seu Secretariado serían o Partido Comunista de Eslovaquia, o Partido Comunista dos Pobos de España, o Partido Comunista de Grecia, o Partido Obreiro Húngaro, o Partido dos Traballadores de Irlanda, o Partido Comunista en Italia, o Partido Socialista de Letonia, o Partido Comunista de Suecia e o Partido Comunista de Turquía.[1]
O obxectivo da Iniciativa é "contribuír á investigación e o estudo de asuntos relativos a Europa, particularmente relativos á UE, a liña política que se establece no seu marco e ten impacto nas vidas dos traballadores, así como axudar á elaboración de posicións conxuntas dos partidos e a coordinación da súa solidariedade e outras iniciativas".[2]
Partidos membros
[editar | editar a fonte]Antigos membros
[editar | editar a fonte]País | Partido | Secretario xeral | Logotipo |
---|---|---|---|
España | Partido Comunista dos Pobos de España
(PCPE) |
Carmelo Suárez | |
República Checa | Partido Comunista de Bohemia e Moravia (KSČM, Komunistická Strana Čech a Moravy) | Vojtěch Filip | |
Turquía | Partido Comunista (Turquía, 2014) (KP, Komünist Parti) | Özlem Şen Abay | Non dispoñible |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nace la Iniciativa de Partidos Comunistas y Obreros de Europa" (en castelán). 2 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2014. Consultado o 10 de xuño de 2019.
- ↑ "Declaración de fundación da Iniciativa". www.initiative-cwpe.org (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2019.