Saltar ao contido

ISO 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A norma ISO 1 especifica as condicións normais de presión e temperatura para a especificación e verificación xeométricas dun produto. A temperatura fíxase a 20 °C, o que equivale a 293,15 K e 68 F.

Debido á dilatación térmica, as medicións de precisión de lonxitude necesitan facerse ou converterse a unha temperatura definida, polo que esta norma axuda con medicións de comparación definidas para a temperatura de referencia. A temperatura de 20 °C adoptouse polo CIPM o 15 de abril de 1931, e converteuse na recomendación ISO número 1 en 1951.[1]

Substituíu en todo o mundo a outras referencias de temperatura para medicións de lonxitude empregadas ata entón pola industria e equipos de precisión, incluíndo 0 °C, 62 °F, e 25 °C. O valor de 20 °C considerouse coma unha temperatura confortable e práctica para o traballo, e resultante nun valor enterio nas escalas Celsius e Fahrenheit.

  1. Ted Doiron: 20 °C—A Short History of the Standard Reference Temperature for Industrial Dimensional Measurements Arquivado 17 de outubro de 2011 en Wayback Machine.. Journal of Research of the National Institute of Standards and Technology, Vol. 112, No. 1, Xaneiro–Febreiro 2007. (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]