Hipertricose
Hipertricose | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Antonietta Gonsalvus, filla de Petrus Gonsalvus. | |
OMIM | 135400 |
DiseasesDB | 20886 |
MedlinePlus | 003148 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A hipertricose,[1] ou síndrome do lobishome, é unha doenza moi pouco frecuente, que salienta pola existencia dun exceso de peluxe en todo o corpo.[2][3] As persoas que a padecen están cubertas completamente, fóra das palmas das mans e dos pés, por unha peluxe longa, que pode chegar até os 25 centímetros.
Orixe
[editar | editar a fonte]O lanugo é o cabelo esbrancuxado e fino, parecido á pelusa, que aparece nos acabados de nacer, e que desaparece nos primeiros meses de vida. Porén, nos que padecen esta doenza o lanugo continúa, e medra durante toda a súa vida.
Sábese que esta doenza se debe a unha mutación xenética, e a maioría das veces adquírese por herdanza familiar, polo que moitos membros dunha familia poden ter esta síndrome. A causa xenética da hipertricose varía segundo o seu tipo: Se é hipertricose universal conxénita, é autosómico dominante, pero cando é hipertricose xeneralizada conxénita é autosómico dominante ou recesivo e ligado ó cromosoma X.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de hipertricose no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Wendelin, D.; Pope, D.; Mallory, S. (2003). "Hypertrichosis". Journal of the American Academy of Dermatology 48 (2): 161–179. PMID 12582385. doi:10.1067/mjd.2003.100.
- ↑ Trüeb, RM (2002). "Causes and management of hypertrichosis". American journal of clinical dermatology 3 (9): 617–27. PMID 12444804. doi:10.2165/00128071-200203090-00004.
- ↑ Ngan, Vanessa (15 de xuño de 2009). DermNet NZ, ed. "Hypertrichosis". New Zealand Dermatological Society Incorporated. Consultado o 29 de novembro de 2009.
- ↑ Sutton, Richard L. (1916). Diseases of The Skin. St. Louis: C.V. Mosby Company. pp. 408, 705. Consultado o 29 de novembro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hipertricose |