Saltar ao contido

Kurt Cobain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKurt Cobain

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de febreiro de 1967 Editar o valor en Wikidata
Aberdeen, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Mortec. 5 de abril de 1994 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Seattle, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Outros nomesKurdt Kobain Editar o valor en Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónAberdeen High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica, Música alternativa, Grunge, canto, guitar performance (en) Traducir, Composición musical, rock alternativo e peza musical Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónguitarrista, artista visual, compositor de cancións, cantante, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1982 Editar o valor en Wikidata - 1994 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Nirvana (1987–1994)
Fecal Matter Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoGrunge e rock alternativo Editar o valor en Wikidata
TesituraTenor Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeCourtney Love (1992–1994), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
FillosFrances Bean Cobain Editar o valor en Wikidata
PaisDonald Leland Cobain Editar o valor en Wikidata  e Wendy Elizabeth Fradenburg Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001052 Allocine: 28484 TV.com: people/kurt-cobain
BNE: XX1174271 Spotify: 6pAuTi6FXi6qFQJ1dzMXQs iTunes: 526647 Last fm: Kurt+Cobain Musicbrainz: 3c9b356d-d1db-4f4e-a7a3-2d00c1d70255 Songkick: 1086434 Discogs: 275118 Allmusic: mn0000095243 WikiTree: Cobain-1 Find a Grave: 1488 Deezer: 3801831 Genius: Kurt-cobain Editar o valor en Wikidata

Kurt Donald Cobain, nado o 20 de febreiro de 1967 e suicidado dun disparo na cabeza após unha sobredose de heroína o 5 de abril de 1994, na súa casa de Seattle, (Washington), foi o líder do grupo de música Nirvana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cobain, fillo de Donald e Wendy Cobain, naceu no hospital comunitario de Grays Harbor en Aberdeen, Washington, e pasou seis meses vivindo en Hoquiam, no mesmo estado, antes de que a familia se mudara a Aberdeen. O seu pai traballou como mecánico na estación Chevron de Derrell Thompson, mentres que a súa nai era camareira. Cobain empezou a estudar na escola primaria Robert Gray en 1972. Segundo varias fontes, a súa primeira infancia foi feliz, e viviu como parte dunha "típica familia estadounidense", xunto cos seus pais e a súa irmá Kimberly, nacida en abril de 1970. Dende ese tempo, Cobain empezou a amosar interese pola música.

A vida de Cobain cambiou radicalmente en 1975, cando os seus pais se divorciaron tendo el sete anos. Este feito fixo a Kurt un neno moito máis reservado. Durante un ano viviu coa súa nai e despois dese tempo mudouse a Montesano, Washington para vivir co seu pai, pero, despois duns poucos anos, o seu comportamento rebelde comezou a darlle problemas entre a familia e os amigos.

Na escola Cobain amosou pouco interese polos deportes, pero por insistencia dos seus pais formou parte do equipo de loita. Kurt estaba máis interesado nas súas clases de arte e debuxaba continuamente, especialmente detalles de anatomía humana.

Durante o seu segundo ano de instituto, Cobain comezou a vivir coa súa nai en Aberdeen. Dúas semanas antes da graduación abandonou o Aberdeen High School ao decatarse de que non tiña os créditos necesarios para graduarse. A súa nai deulle a opción de buscar un emprego ou deixar a casa, e despois dunha semana Kurt atopou as súas cousas metidas en caixas.

A finais de 1986 Cobain trasladouse a un apartamento, pagando o alugueiro traballando nun centro turístico a 20 millas ao norte de Aberdeen. Durante este período viaxou con frecuencia a Olympia, Washington para ir a concertos, e nesas visitas estableceu unha relación con Tracy Marander. Pouco despois de que Marander o deixase, Cobain comezou a saír con Tobi Vail, da banda Bikini Kill.

Polo seu 14 aniversario o seu tío deulle a elixir entre unha guitarra e unha bicicleta como regalo, e Cobain elixiu a guitarra. Comezou aprendendo unhas poucas versións e cedo comezou a traballar nos seus propios temas. Mentres pasaba o rato no local de ensaio dos Melvins coñeceu a Krist Novoselic e de cando en vez ían tocar á parte de arriba do salón de peiteados da nai de Novoselic. Poucos anos despois Cobain tratou de convencer a Novoselic para formar unha banda con el prestándolle unha demo caseira do seu primeiro grupo, Fecal Matter. Despois de meses preguntándolle, Novoselic finalmente accedeu a unirse a Kurt, sendo este o principio de Nirvana.

Cobain estaba desencantado despois das primeiras actuacións, debido á incapacidade da banda de atraer un público considerable e a aparente dificultade de continuar. Durante os seus primeiros anos xuntos pasaron varios baterías polo grupo. Por un tempo a banda contou con Chad Channing, co cal Nirvana gravou o seu álbum Bleach, editado polo selo Sub Pop Records en 1989. Cobain, porén, non estaba satisfeito co estilo de Channing, facendo que a banda buscase un novo batería, que finalmente sería Dave Grohl. Con Grohl o grupo acadaría o seu mellor momento grazas ao seu álbum de 1991 Nevermind.

Co seu sinxelo "Smells Like Teen Spirit" Nirvana chegou ao grande público, popularizando o grunge.

O éxito de Nevermind levou a outras bandas de Seattle, como Alice in Chains, Pearl Jam e Soundgarden, a maiores audiencia, e como resultado o rock alternativo convertese nun xénero predominante na radio e na televisión musical dos Estados Unidos durante os primeiros anos dos 90. Nirvana foi considerada a banda estandarte da Xeración X, e Cobain foi coroado, moi ao seu pesar, polos medios de comunicación como o seu portavoz. A desconformidade de Cobain coa atención que lle prestaban os medios levouno a centrarse na música, crendo que a súa mensaxe e a súa visión artística fora mal interpretada polo público, desafiándoo co seu terceiro álbum de estudio, In Utero, aparecido en 1993.

Cobain loitou por reconciliar o éxito masivo de Nirvana coas súas raíces underground. Tamén se sentía perseguido polos medios e comezou a sentir resentimento pola xente que se declaraba seguidora de Nirvana pero negábase a recoñecer ou malinterpretaba os puntos de vista sociais e políticos da banda.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]